30 de xuño de 2014

TORTILLA, EMPANADA, ALBARIÑO E FOGOS ARTIFICIAIS PREPARADOS NA CONFRARÍA DE CAMBADOS PARA FESTEXAR UNHA VITORIA DOS PARTIDARIOS DE BENITO PELEA.

OS HOMES DE LOUZÁN TOURÍS E ARAGUNDE, TIVERON QUE “METER OS FOGOS NO CÚ”
ALGUÉN, INTENCIONADAMENTE,  DEIXOU ABERTA A CONFRARÍA DA NOITE DO SÁBADO PARA O DOMINGO.
Nunca paramos de sorpréndenos no que pasa no noso pobo. Sodes xa coñecedores da estrepitosa, avultada e humillante derrota que lle infrinxiu a candidatura pola
rexeneración democrática os homes de Pelea, Luís Aragunde, Tourís e Louzán na confraría de Cambados, unha derrota sen paliativos. Este blog non tiña pensado falar mais do asunto porque non queriamos facer leña da árbore caída, pero
despois de ser coñecedores do que se atopou na confraría non temos mais remedio que denuncialo. Na planta de arriba da mesma había mesas preparadas con tortilla, empanada, albariño e outros manxares para festexar a vitoria os derrotados,  e por suposto como bos "peperos" que son non podían faltar os fogos artificiais, que dispensando o eufemismo non tiveron mais remedio que metelos “polo cu arriba”, perdoádenos a grosería, pero sáenos da alma. 
Mais grave aínda que todo iso é que alguén
intencionadamente deixou a porta aberta da confraría e das oficinas da noite do sábado para o domingo, sabe deus con que escuras intencións, probablemente para facer desaparecer algún que outro papeliño comprometido.  
Os homes de Aragunde, Tourís, Louzán e Pelea, nunca souberon gañar porque na vitoria humillaban ao rival,  pero polo visto tampouco saben perder.


Ningún comentario: