30 de xuño de 2014

MIL EUROS É O PREMIO AO GANADOR

A ADEGA DON OLEGARIO CONVOCA UN CONCURSO  DE MÚSICA
Es un namorado da música? Si tocas ou cantas, si es solista ou si tes un grupo e ademais queres ¡¡gañar 1.000 €?
por facelo!! ¡Apúntate xa ao concurso!
Tes ata o 6 de Xullo para participar.
Os requisitos son os seguintes,
- Ser maior de 18 anos.
- Contar cun repertorio mínimo de 30
minutos.
- Ter o teu propio equipo de música.
- Disponibilidade para tocar os meses de Xullo e Agosto.
Envía un video curriculum ao correo electrónico da adega: 
concurso@donolegario.com e SORTE!!
Formato do concurso
Seleccionaranse 16 participantes que tocarán en tandas de dous por día, os venres e sábados do mes de Xullo. Quedando eliminado un deles. Semifinais, os 8 participantes restantes tocarán en tandas de dous os venres e sábados do mes de Agosto. Quedando para a final 4
grupos. A final realizarase a terceira semana de Agosto.
Votaciones
Os votos decidiranse en dúas porcentaxes de 75% e 25% respectivamente. O 75% decidirase o día da actuación en
directo, mediante voto secreto dos espectadores da mesma.
Os luns seguintes ás actuacións subiranse á plataforma online da adega as actuacións dos dous grupos e
poderase votar, sendo estes votos o 25% restante. Ese venres a través da suma dos dous votos darase a coñecer o ganador. 
Para a final só contarase cos votos dos asistentes na actuación. En caso de empate a organización decidirá ao ganador.
Todas as actuacións terán lugar a Adegas e Viñedos Don Olegario,Refoxos s/n Corbillón, 36634,Cambados. www.donolegario.com
BASES DO I CONCURSO DON OLEGARIO PARA MÚSICOS AMATEUR
Bodegas e Viñedos Don Olegario S.L., con domicilio social
en Refoxos s/n, Corbillón (Cambados)  e CIF B-36576171, convoca un concurso para músicos e grupos amateur consistente nun premio en metálico de 1.000 euros.
PRIMEIRA: o obxectivo deste concurso é dar visibilidad a músicos e solistas que realizan actuacións en directo.
SEGUNDA: A promoción levarase a cabo desde o 11 de xullo de 2014 ao 24 de agosto. 
TERCEIRA: Poderán participar músicos e solistas de máis de 18 anos, que teñan un repertorio de música mínimo de 30 min. e conten co seu
propio equipo de música. As actuacións deberán ter unha duración aproximada de 30 minutos.
CUARTA: Para formalizar a inscripción cada solista ou grupo deberá:
-Enviar un correo electrónico a concurso@donolegario.com
cun curriculum e un video no que se reflicta algunha actuación do participantes.
QUINTA: Datas correspondentes a cada fase do concurso.
-Inscripción: Ata o 6 de xullo de 2014.
-Fase de actuacións: Do 11 de xullo ao 2 de agosto.
-1º rolda de finalistas: Do 8 de agosto ao 16 de agosto.
-Final e entrega do premio: do 17 ao 24 de agosto.
SEXTA: Dinámica do concurso 
-A participación no concurso está limitada a un máximo de
16 grupos ou solistas. No caso de que ese número sexa pasado, crearase unha lista de espera por rigorosa orde de inscripción.
-As actuacións levaranse a cabo no Wine Bar de Bodegas e Viñedos Don Olegario os venres  e sábados a partir das 23.00H do 11 de xullo ao 24 de agosto.
-O concurso se estrutura nas seguintes fases:
Fase 1.-Do 11 de xullo ao 2 de agosto. Cada venres e sábado do mes de xullo actuarán dous dos  grupos ou solistas inscritos. Para elixir que grupos pasarán á seguinte fase utilizaranse dous  mecanismos.
a) O público asistente ás actuacións terá o 75% da decisión.
Para iso, deixará o seu voto en favor dun dos dous artistas que tivo oportunidade de escoitar durante esa noite. Se habilitará  no Wine Bar da bodega unha urna na que poderán depositar de xeito anónimo o seu voto. 
b)O outro 25% decidirase nas canles online da adega, onde se colgará un vídeo coas dúas actuacións de cada noite. Durante unha semana os internautas poderán votar polo participante que máis lles guste.
Deste xeito, cada fin de semana sairán dous grupos elixidos dos catro participantes (dous o venres  e dous o sábado) e ao final do mes serán un total de oito os que pasen á seguinte rolda. 
Fase 2.-Transcorrido o mes de xullo, os oito grupos ou solistas elixidos con votación popular actuarán na semifinal, que terá lugar o segundo e terceiro venres e sábados do mes de agosto. De novo,  o público asistente e os internautas serán os encargados de elixir cal dos dous participantes en cada xornada será o que pase á final. Deste xeito, o 17 de agosto serán catro os grupos e solistas que pasen á final. 
Fase 3.-A final celebrarase os días 22 e 23 de agosto. Os catro participantes finalistas actuarán o día 23. Neste caso será únicamente o público asistente quen decida cales serán os dous grupos que actuarán ao día seguinte. Entre eles sairá o grupo vencedor.
-O calendario de actuacións decidirase por orde de inscripción e será comunicado aos participantes antes do 11 de xullo de 2014.
SÉTIMA: PREMIO
-O premio consistirá nunha cuantía en metálico de 1.000 euros para o grupo ou solista ganador.
OITAVA: ACEPTACIÓN DAS BASES 
-Bodegas e Viñedos Don Olegario non se responsabiliza da temática e contidos das actuacións. 
-Bodegas e Viñedos Don Olegario resolverá calquera circunstancia que non estea prevista nestas bases. 
-A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

Ningún comentario: