30 de xuño de 2014

ÉXITO DÁ FEIRA DÁ OSTRA EN CAMBADOS, O VINDEIRO DOMINGO CONTINUA

SÓ FALTOU UN GRUPO DE GAITAS PARA AMENIZAR O EVENTO.
Concordamos perfectamente esta vez co  Faro de Vigo que a primeira xornada de maridaxe entre a ostra de Cambados
e o viño albariño saíu mellor do esperado, segundo as empresas participantes, que despacharon onte unhas 6.000 unidades. As seis depuradoras montaron as carpas na Rúa Real (no barrio de Fefiñáns) onde vendían a ducia de recoiro a seis euros, ou a media ducia a tres. A xornada saíu tan ben que
tiveron que ir buscar máis existencias ás depuradoras. A maioría dos comensais compraban o marisco para degustarlo nunhas mesas ou nos bares, que lles servían o viño, aínda que algúns tamén optaron por levalas para casa. 
So faltou o evento un grupo de gaitas que amenizara o acto, con tan bos gaiteiros como temos en Cambados como son Faiscas, Xeitosiños, Xironsa ou Volandeira por poñer un exemplo.

Ningún comentario: