PROHIBE APARCAR ONDE ANTES DE APARCABA SEN NINGÚN PROBLEMA
O que está a pasar en Cambados esta a causar malestar e noxo en centos de veciños da vila que ven
como son multados indiscriminadamente onde antes se podía aparcar sen dificultade, onde son ameazados de ser expedientados os donos das terrazas se non quitan mesas que outros anos tiñan sen problemas, a xente non se explica o que está a pasar, e nin a Alcaldía, nin os inútiles asesores que ten, nin a Policía local dan explicación ao
respecto, polo que temos que supoñer que en principio é unha orde directa de mesmo Alcalde ou unha rebelión da Policia Local, feito que por suposto non barallamos.

1º.- Que as arcas municipais estean moito peor de que Luís Aragunde nos sole dicir, do que tan ben explica nos plenos cando está a prensa do réxime diante, e faille ver aos cambadeses que todo está moi ben cando non é verdade. Pode ser que non hai un peso e que haxa que quitar cartos de onde sexa e hai que "queimar" novamente aos
veciños poñéndolle multas a “tuti ple” para recadar como sexa.
veciños poñéndolle multas a “tuti ple” para recadar como sexa.
2º.- Que a Policía Local de Cambados esta a facer un “folga a japonesa” porque ten un contencioso con Luís Aragunde con motivo das RPT que se está a facer, onde Aragunde quere premiar os seus asesores e empregados da súa corda e consolidar no soldo o abusivo número de horas extras que están a gañar,
discriminando de xeito alarmante a Policía Local quen si realmente o merecen moito mais que os palanquíns dos seus asesores.
discriminando de xeito alarmante a Policía Local quen si realmente o merecen moito mais que os palanquíns dos seus asesores.
3º.- Recadar cartos para o xantar do Albariño así poder traer a medio PP a xantar polo morro a conta de todos os cambadeses.
Rúas como Castriño, Isabel II, Borrón etc , sen haber procesión ningún en cernes prohibibese aparcar nas mesmas baixo apercibimento de multa e algunhas xa meteron. Tamén hoxe mesmo a Policía Local mandou retirar as algunhas terrazas as mesas a 1.80 da estrada.
Os comerciantes están ate os mismísimos da actitude de Aragunde están a perder cartos a esgalla ningún se acerca o centro do pobo por medo a ser multado, o seu representante debía deixar de pedirlle a Policía local que multa menos e poñer a Aragunde no seu sitio, ou sexa a caldo. Algúns comerciantes a titulo particular están recollendo sinaturas de protesta para presentar na Alcaldía.
O pobo de Cambados merece unha explicación, non se pode facer o que está realizando Luís Aragunde e durmir tranquilo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario