NUMEROSAS PROTESTAS NA REDE POLO TEMA DAS ENTRADAS
Segundo fontes ben informadas acábanos de dicir que o desfile despendido de Eva Soto o
pasado venres é “sine die”, debido aos numerosos compromisos da afamada deseñadora. Realmente “fastidiada” está Eva Soto e todas as modelos polo choiva caída media hora antes de empezar o desfile, de todos xeitos grazas ao fotógrafo Eduardo Apariz aquí vos presentamos as fotos das modelos participantes e os vestidos que ían estar pola pasarela do Patio de Armas.

A suspensión foi en gran parte debida a falta de previsión do Concello de Cambados que visto que había perigo eminente de choiva podía a primeira hora de tarda trasladar o desfile ao Pavillón do Instituto Ramón Cabanillas e houbérase celebrado desfile sen problema algún.
As 21 horas do venres a porta de entrada ao patio de armas estaba colapsada, alí estaba xente gardando cola cando de xeito inexplicable as persoas que recollían as entradas, de xeito inexplicable, deixaban entrar a certas persoas baixo escusas tan peregrinas como “Soy la hija de fulanita”, “Soy la hermana de menganito”, “Soy la cuñada de cintranita” co
tremendo enfado da xente que levaba unha hora esperando.
tremendo enfado da xente que levaba unha hora esperando.
Outra persoa na rede dicía: “Gustaríame saber a onde foron ou para quen foron esas invitacións . Eu vou falar polo meu,pero non son a única, leo no xornal que están as invitacións no Concello para recoller, achégome ao Concello
e dinme que xa non hai, que nunha hora repartiron as 500 invitacións e digo que "eficientes", o que penso cálomo. Pero ese mesmo día á tarde vexo en internet que aumentaban outras 200, chamo ao responsable e dime que é mentira que non teñen máis, e boba da min o creo, e no día seguinte sae no xornal que si aumentaron esas 200 ( quen minte), volta ao Concello contestación “que xa non teñen”, que sinto neste momento?, que me tomaron o pelo, non son persoa de escribir nas redes,pero teño tal cabreo neste momento que necesito contalo, aínda que se que non vale de nada.

Onte, mesmo día do desfile decateime que o responsable das invitacións repartiu unhas cantas.
Pensei que os veciños eramos iguais para o Concello, pero cheguei á conclusión que para cumprir os deberes e pagar os impostos " Si" pero para participar en actos culturais NON temos os mesmos dereitos.”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario