1 de xul. de 2014

CARLOS HERRERA, LOUZAN E UN COÑECIDO INDUSTRIAL CAMBADÉS COMEN XUNTOS EN SANXENXO.

CARLOS HERRERA COÑECIDO COMO “EL SEÑORITO ANDALUZ” DESTÍNGUESE POR SER O LOCUTOR RADIOFÓNICO MAIS PEPERO DAS ONDAS.
Este pepero das ondas o ínclito Carlos Herrera,  que perde oíntes en cada Estudo Xeral de Medios, defensor acérrimo
do Partido Popular e castigador do todo o que sexa de esquerdas e democrático  e que está a mais de dous millóns de oíntes da Cadena Ser, estivo comendo hoxe mesmo en Sanxenxo,
acompañado nada mais e nada menos que de Rafael Louzán e dun industrial cambadés amigo do de Ribadumia e de outra persoa máis que o noso confidente non coñeceu . 

A Deputación Provincial é unha das institucións mais espléndidas  e hora de dar subvencións a
Onda Cero así como a Xunta de Galicia, así que non nos ten nada que estranar ver comer a Carlos Herrera con alguén do PP, pois é moi amigo todos eles. Agora xa sabedes porque  Carlos
Marilo Montero abuerreuse deste
elemento e separouse del.
Herrera é un dos mais fieles seguidores do PP, porque non se pode morder a man que da de comer. Non nos estrañaría nada que Carlos Herrera fora un dos “comes de balde” que pode estar no Xantar de Albariño este ano.  É un máis do que “Podemos” define como “La Casta”.
Carlos Herrera é un deses manipuladores da opinión pública
que pola súa sorna, chistes escatolóxicos e receitas de cociña casera encandea a esa audiencia de mediana idade que non ten acceso a
outras vías de información.
Un dos culpables, como tantos outros da Caverna Mediática, de que nunha enquisa preparada no seu programa o 73% dos españois lexitimaban a actuación policial desde o 25S ata hoxe.
O xornalista Carlos Herrera, segundo o famoso blog “Espia en el Congreso”  cobrou no 2013,  102.850 euros por celebrar o seu programa “Herrera na Onda” na Diputación de Almería, cuxo presidente, Gabriel Amat, foi denunciado ante a Fiscalía pola Asociación Mediterránea Anticorrupción e pola Transparencia (AMAyT) por unha presunta trama de corrupción que afecta a 108 empresas e 315 órganos sociais. Durante o programa, Herrera eloxiou á Diputación de Almería e só criticou o alumado navideño da cidade, cuxa competencia é do Concello, rival político da Diputación aínda que ambos son do PP.
Ide vos a saber si o xantar de hoxe serviu para algo parecido.


Ningún comentario: