10 de xul. de 2014

A CAMBADESA NON DEU OPCIÓNS NA FINAL A VIGUESA REOSA CANO.

ESGRIMA: ARACELI BUGALLO CAMPIONA GALEGA DE VETERANAS NA MODALIDADE DE ESPADA.
Destacable o ouro logrado pola incombustibe Araceli Bugallo na proba de espada.
Os representantes do Compostela Esgrima lograron seis medallas nos Campionatos Galegos de veteranos e por equipos, todo un éxito case ao final dunha longa tempada.
Ao campionato de veteranos, celebrado na Casa do Auga da Coruña, o Compostela acudiu con Santy Seixo, Alberto Rodríguez, Renato Ansia, Xosé Piñeiro e Araceli
Bugallo para as tres armas da espada, o florete e o sabre. 
Na espada masculina, o arma máis numerosa e competida do día, venceu Anxo Rodríguez do Lugo a Jose Sanmartín do 100Tolos da Coruña; Xosé Piñeiro do Compostela logrou a medalla de bronce.
Na espada feminina, a incombustible Araceli Bugallo non deu opcións: a cambadesa do Compostela, gañou o ouro ante Rosa Cano do Cidade de Vigo.


Ningún comentario: