10 de xul. de 2014

EVA SOTO XA É UNHA FIXA NA MADRID FASHION WEEK

O DESFILE SUSPENDIDO DE CAMBADOS SERÁ O 29 DE AGOSTO
A cambadesa foi elixida entre os nove deseñadores do estado español para a sección promesas , Eva estará en Madrid entre o 11 e o 16 do vindeiro mes de setembro para
amosar o seus novos traballos. Por terceira vez Eva estará en Madrid , coa súa modestia, coa súa sinxeleza , co seu saber estar , pero sobre todo estará cos seus traballos que son únicos e por iso o éxito da nosa veciña.
Doutra banda o desfile suspendido por Eva  en Cambados, vaise celebrar  o vindeiro 29 de Agosto no Patio de Armas do Pazo de Fefiñans, desfile que se titula “Dialogo con el arte”.  Esperemos  que esta vez o Concello teña un plan B.

Ningún comentario: