2 de xul. de 2014

A CONCELLERÍA DE CULTURA E TERCEIRA IDADE CONVOCA O I CONCURSO DE TEXTOS TEATRAIS FRANCO CALVETE

O GAÑADOR PERCIBIRÁ DO CONCELLO DE O GROVE, A NADA DESPREZABEL SUMA DE 1000 €.
Co obxectivo de honrar a memoria do escritor grovense Francisco Franco Calvete, autor da obra O Señor Feudal ou quen matou ao meco?, a
Francisco Franco Calvete
Concellería de Cultura e Terceira Idade do Concello do Grove vén de convocar a primeira edición do concurso de textos teatrais Franco Calvete, un certame aberto a textos inéditos escritos en lingua galega e dotado cun premio económico de 1.000 euros e a publicación da obra.
Contribuír a promover as representacións teatrais e a pór en valor o teatro como xénero literario son outros dos obxectivos que persegue a
Carlos Otero Padin
concellería que dirixe Carlos Otero Padín con este certame, que manterá aberto o prazo de presentación de orixinais ata o 30 de setembro. Como se recolle nas bases, a temática dos textos será libre e a súa extensión deberá estar orientada a que poidan ser representados nun tempo máximo de 90 minutos. Un xurado composto por representantes do mundo da literatura e das artes escénicas encargarase de avaliar os orixinais presentados, que deberán ser inéditos e non ter sido representados con anterioridade, para seleccionar a obra gañadora, que será publicada polo Concello, ben por conta propia ou ben en colaboración cunha editorial.
Con esta iniciativa desde o Concello do Grove trátase de
contribuír á pór en valor e a dar a coñecer entre a cidadanía a figura do escritor que lle dá nome ao concurso, Francisco Franco Calvete, autor da obra teatral máis importante da historia do municipio, baseada na popular lenda do señor feudal cuxa tiranía foi castigada pola veciñanza, que rematou aforcándoo nunha figueira do Monte Siradella.
Ordenanza de telégrafos de profesión, Franco Calvete foi unha persoa moi implicada no desenvolvemento social e cultural da súa época e pouco antes do seu falecemento en
1931, con 28 anos de idade, deu forma a súa única obra literaria, que contaba con música de José Besada e que foi representada por primeira vez pola Agrupación Artística Minerva en marzo de 1931, tres meses despois do pasamento do seu autor.  
BASES
O Concello do Grove, por medio da Concellería de Cultura e Terceira Idade, convoca o I Concurso de Textos Teatrais Franco Calvete coa finalidade honrar a memoria do ilustre escritor local autor da obra O Señor Feudal ou quen matou ao meco?, o grovense Francisco Franco Calvete, así como o de promover as representacións teatrais e por en alza o teatro como xénero literario.
Este concurso de guións, dotado con 1.000 euros e a publicación da obra, vaise rexer polas seguintes:
BASES
Primeira. Poderá participar neste concurso calquera persoa física que presente o seu guión en lingua galega. Cada autor/a poderá presentar un só orixinal.
Os textos presentados, amais de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico,
nin ter sido representados previamente.
A temática e a extensión son libres, sempre que o seu tempo estimado de representación non exceda os 90 minutos.
Segunda. Deberá presentarse o guión completo, na forma habitual dun libreto teatral, cos seguintes elementos:
* Título da obra
* Personaxes
* Desenvolvemento da obra cos parlamentos de cada personaxe
* Vestiario (breve descrición do tipo de indumentaria)
* Escenografía (breve descrición do lugar onde se desenvolve cada unha das escenas)
* Duración aproximada da escenificación
* Unha sinopse do libreto, cunha extensión máxima dun folio, que presente de forma clara e concisa o contido da obra
Terceira. De cada un dos guións concorrentes, presentaranse cinco copias en papel e unha en soporte dixital, nun documento de procesador de textos, antes do
día 30 de setembro de 2014, remitíndoas ao enderezo seguinte: 
I Concurso de Textos Teatrais Franco Calvete
Concello do Grove
Praza do Corgo, 1
36980 O Grove (Pontevedra)
Cuarta. Xunto co guión en papel e en soporte dixital, que será enviado sen que sexa recoñecible a autoría da escritora ou escritor e que irá precedido polo título e o lema escollido, xuntarase un sobre pechado que leve escrito por fóra “I Concurso de Textos Teatrais Franco Calvete”, o lema e mais o título, e que no seu interior conteña o nome; apelidos e DNI; enderezos postal e electrónico e os teléfonos de contacto da súa autora ou autor. 
Quinta. O xurado, designado pola Organización, estará formado por persoas que estean vinculadas co mundo da cultura, a literatura, o teatro ou as artes escénicas en xeral. Actuará como secretario do xurado, con voz e sen voto, o concelleiro de Cultura e Terceira Idade ou a persoa que designe. 
Sexta. Calquera incidencia ocasionada na interpretación destas bases será solucionada pola maioría simple dos membros do xurado. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñecer no mes de decembro de 2014. 
Sétima. O premio, que é indivisible, poderase declarar deserto, caso de o xurado así o estimara en decisión inapelable.
Oitava. O Concello do Grove, ben por medios propios ou en colaboración cunha editorial, resérvase o dereito de publicación, sen limitación do número de exemplares da primeira edición, nin das reimpresións, da obra gañadora, reservándose tamén os dereitos preferentes de edición desta en lingua galega coa posibilidade de cederlle tales dereitos a terceiros.
A contía do premio considerarase unha entrega á alzada en concepto de adianto polos dereitos de autor. A beneficiaria ou beneficiario do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente 40 exemplares da obra publicada.
Todo isto sen menoscabo do regulado pola Lei da propiedade intelectual vixente.
Novena. A entrega do premio terá lugar nun acto público que terá lugar no Concello do Grove. A organización comunicaralles con suficiente antelación as datas ás persoas interesadas.
Décima. Os orixinais que non resulten premiados poderanse recuperar, con cargo ás autoras ou autores que o reclamen, nun prazo non maior aos trinta días posteriores á publicación do ditame do xurado. Transcorrido tal período sen seren reclamados, serán destruídos.
Undécima. A participación neste concurso leva implícita a aceptación expresa de todas as condicións destas bases, incluídas a edición, a publicación ou a representación, así como as decisións e o ditame do xurado, e todo iso sen necesidade de novos requisitos.
Duodécima: a organización resérvase o dereito de modificar, ampliar ou reducir estas bases en beneficio do bo funcionamento deste certame.
FOTOS:  GOOGLE IMAXES.




Ningún comentario: