3 de xul. de 2014

TRES MOZAS DE MÁIS DE "10"

TRES MOZAS  DE CAMBADOS ENTRE AS MELLORES NOTAS DE SELECTIVIDADE DE GALICIA, AO SUPERAR OS DOCE PUNTOS NO EXAME
O consello que vale é o que todos os pais repiten constantemente aos seus fillos:"O importante é levar todo ao
Ana Quintela e Cris Prego
día". Polo menos isto é o que pensan tres mozas cambadesas que conseguiron situarse entre as mellores notas de selectividade de Galicia. As tres mozas, ademais, son amigas e estudan no mesmo instituto, Ramón
Cecilia Cores
Cabanillas.
Ana Quintela, Claudia Cecilia Cores e Cristina Prego, ademais de ser moi boas amigas e estudar no mesmo instituto, Ramón Cabanillas de Cambados, son tres das mellores notas de Selectividade de Galicia.
O seu expediente de bacherelato xa prognosticaba -tiñan 9,9 dous delas e un 9,85 a outra- que lles iría ben na proba previa ao ingreso na Universidade. "A verdade é que tralo exame esperaba sacar boa nota pero non cría que tanta", conta Prego quen alcanzou, logo de facer a media co bacherelato, un 12,9 (o máximo ao que se accede é a un 14).
A PERSEVERANZA
O saír cos amigos, ir ao cine ou o pasear, para elas, non está rifar co estudo nin tampouco coas boas notas. "Nós faciamos de todo e tiñamos tempo para pasárnolo ben, o que hai que facer é ser un pouco ordenado", afirma Prego. Pero Quintela é un pouco máis realista: "A verdade é que tiñamos máis tempo para estar coas amigas no primeiro trimestre, nos outros dous xa tes máis que estudar e algo máis de presión porque se vai achegando o exame de Selectividade".
O esencial para lograr uns bos resultados nos estudos, contan ambas estudantes, é levar as cousas ao día, o consello que constantemente repiten os pais aos seus fillos. "A verdade é que é importante ir facendo todos os días os deberes que che manden, así vas adiantando traballo e ademais estás estudando sen que o saibas e á hora dos exames faise máis fácil repasar a materia", conta Quintela, quen no futuro gustaríalle dedicarse á robótica para o que viaxará a Madrid a estudar unha enxeñería.
Non todas as signaturas no bacherelato gustábanlles por igual. "A verdade que o que menos me interesaban eran as
Literaturas porque non me gusta nada chapar. Con todo gustábame Física porque se me dá mellor entender as cousas", admite a futura enxeñeira. Prego, que ten como obxectivo dedicarse á investigación médica, ten gustos similares. "A Filosofía e as Literaturas era o que máis me custaba estudar e o que máis me gustaba era Bioloxía, Química ou Matemáticas", asegura a nova.
Aínda que en ocasións algúns compañeiros de clase chanceaban con elas e definíanas como "chaponas" elas non opinan o mesmo. "Creo que hai xente que estuda máis que eu pero que non saca estas notas. O importante é entender o que se estuda", conta a futura aspirante a médica.
NOVA RECOLLIDA ÍNTEGRAMENTE DE FARO DE VIGO.
TRADUCCIÓN:  "A TI MEU CAMBADOS".
Maribel Iglesias Para ser xustos son 5 mozas en Cambados, no noso instituto houbo dúas rapazas con máis de 12. A 
prensa esquécese un pouco do Asorey cando saca estes titulares.

Ningún comentario: