3 de xul. de 2014

OS VECIÑOS DE RUA BORRÓN REVELANSE CONTRA O INEPTO DE LUIS ARAGUNDE

CAMBADOS PROTOTIPO DE CAOS EN MATERIA DE APARCAMENTOS.
O Grupo municipal do BNG de Cambados ven a facerse eco da problemática dos aparcamentos en  Cambados  e  ven de
reunirse con veciños e veciñas da rúa Borrón, os cales lle transmitiron  o seu malestar porque desde hai uns días non
Rúa Borrón
se  permite aparcar vehículos na súa rúa e que esta decisión municipal foi tomada de xeito unilateral, sen ningún tipo de información previa por parte do concello e sen ofrecerlles ningunha opción para solucionar o problema que lle están a crear con esta decisión. Que con posterioridade a esta reunión, veciños/as de Fefiñáns falaron co BNG para informarnos de que teñen a mesma problemática e de que a policía municipal lles
Veciño multado na
Rúa Borrón cando acudia
a un comercio.
informou que deben que ir acostumándose a non aparcar na rúa (tampouco entendemos iso de “ir acostumándose”, porque ou está prohibido aparcar ou non o está). Semella, ademais, que polas múltiples queixas deste tipo, que se están a escoitar estes días en Cambados, hai moitas rúas de características semellantes (semipeonís e con vivendas que adoitan carecer de garaxe) nas que se están a multar aos veciños/as sen que entendan porque en rúas
Rúa Castriño.
onde levan anos aparcando, de súpeto se lles estea a multar e, mentres tanto, na Praza de Fefiñáns, nun conxunto cualificado de BIC, está permitido aparcar; polo que solicitan : que se responda ás seguintes preguntas:
1.- En que rúas semipeonís de
Rúa Isabel II
Cambados está prohibido  o aparcamento na súa totalidade? Cando  tomou o concello esta decisión? 
2.- Por que se nestas rúas, está prohibido aparcar, non hai sinalización permanente que o indique?
3.- Quen tomou a recente decisión de cambiar o criterio, nestas rúas, e comezar a multar por
Praza de Fefiñans
aparcar, cando con anterioridade non se facía?
4.- Por que non se informou aos veciños/as deste cambio de criterio?
5.- Cando se prohibirá o aparcamento na Praza de Fefiñáns, que si é imprescindible?
Praza de Fefiñans.
So lle faltou ao BNG facer a seguinte pregunta, que realmente e o problema real dos aparcamentos na nosa vila, confirmado a este blog por un membro da Policia Local:
"É certo  que a Policía Local de Cambados esta a facer un “folga a japonesa” porque ten un contencioso con Vde, insípido Alcalde de Cambados, con motivo das RPT que se está a facer,  onde Vde,  quere premiar os seus asesores e empregados da súa corda e consolidar no soldo o abusivo número de horas extras que están a gañar, discriminando de xeito alarmante a Policía Local quen si realmente  o merecen moito mais que os palanquíns dos seus asesores?"


Ningún comentario: