24 de xul. de 2014

A PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS CELEBRA O DIA DA PATRIA GALEGA CUN GRAN CONCERTO

FALTRIQUEIRA, O GRUPO DE PONTEDEUME, OFRECERÁ E MELLOR DO SEU REPERTORIO AOS CAMBADESES.
Maña venres en colaboración os establecementos Brothers, A Leria e Baloca Bar, ofrecenos un verdadeiro concerto de
luxo para os que amamos a musica folk, a música do pais fusionada con outras músicas internacionais, nada mais e nada menos que o agora trio de Pontedeume, FALTRIQUEIRA,  a festa empeza as 10.30 da noite. 
FALTRIQUEIRA 2014
Faltriqueira é un proxecto vocal
autónomo que xurde  das fontes da música tradicional.
Fusiona a polifonía coa percusión e os instrumentos acústicos con influencias musicais de todo tipo e calquera lugar. O espectáculo que Faltriqueira ofrece en directo resume a traxectoria dun grupo con máis de 15 anos pisando os escenarios. A
complicidade e a paixón son os ingredientes fundamentais para continuar xirando. Na súa discografía comezan recopilando un primeiro repertorio, homónimo,  inspirado na tradición e canción de autor. No
segundo traballo, de consolidación, abren o abano e son latitudes máis lonxanas as que se mesturan co seu facer máis persoal, acuñando así o “efffecto faltriqueira.”
Nunha segunda etapa creativa, presentan The Pockettes, un formato especial con catro cancións, coa significativa novidade de tratarse de temas anglosaxóns,
interpretados en inglés e a cappella. Dúas versións de clásicos de The Beatles e outras dúas de clásicos do Jazz Popular e Vodevil Estadounidense. E máis recentemente, coincidindo co alumbramento dos “faltriqueiriños”, se autoagasallan coa publicación de catro novos temas que reflicten a orixe que as une, Pontedeume. Foron moitos os escenarios compartidos e continúa rechamante a ilusión por entoar divertimento tanto enriba como embaixo da tarima. Derribar fronteiras e tendenzas, achegar sensibilidades, empregar a cultura como ponte para a comunicación.
A banda na actualidade está composta por Ana Leira, María López, Carolina Rodríguez, voces e percusións lixeiras. Ricardo Rozas, guitarra - Jorge Juncal, acordeón Alfonso Calvo, contrabaixo - Roi Adrio, percusións.

Ningún comentario: