25 de xul. de 2014

O CINISMO E "CARADURA" DE LUÍS ARAGUNDE NON TEN LÍMITES

Foto: Faro de Vigo.
A ÚNICA FORMACIÓN POLÍTICA QUE NON ASISTIU A REUNIÓN DO MÉRCORES PARA A CONSTICIÓN DA PLATAFORMA XUDICIAL,  FOI O PP.
Cara a galería,  Luís Aragunde,  parece que está a dar pasos para defender os xulgados de Cambados, nada mais lonxe
Trilero político
de realidade, é todo puro marketing ideado polo seu gabinete de prensa,  que para iso está, moito acudir a reunións inútiles da deputación ou dicir na prensa nos vindeiros dias vai mandar unha carta a todos os colectivos e asociacións do municipio para pedirlle o seu apoio na defensa do partido xudicial, todo é mentira como unha mais a que nos ten acostumados este alcalde que temos "embaucador" e mentireiro.
A proba tivémola o mércores pasado cando estaba programada unha reunión de distintos colectivos  entre os que se encontraban citados as formacións políticas representadas no concello de Cambados é a única que non acudiu foi o Partido Popular de Cambados, a li estaban representantes do PSOE e do BNG, representantes de avogados e procuradores así como dos funcionarios pero non estaba ningún representante do Partido Popular previamente citado
como dixemos, ese é o verdadeiro interese que ten Luís Aragunde e o seu partido pola desaparición do partido xudicial de Cambados, si realmente tiveran o que hai ter plantábanlle cara o inútil de Gallardón como ten que ser. Acaso cree Aragunde que cun escrito de nada vai pensar que non van desaparecer os xulgados de Cambados, cando todos sabemos que os únicos partidos xudiciais que se van salvar en Galicia , en todo caso,  serian Santiago, Vigo e Ferrol, tal e como propuxo Feijoo, sin contar para nada co Salnés. Aragunde está enganar novamente ao pobo e coma sempre,  como correa de transmisión os medios de prensa. 
Ao final na reunión do mércores  acordouse facer unha xuntanza no mes de setembro entre os partidos xudiciais de Cambados e Vilagarcía para que a plataforma sexa conxunta, reunión da que informaremos puntualmente neste blog.

Ningún comentario: