4 de xul. de 2014

A VECES UN NON SABE O QUE LLE ESPERA NUNHA TARDE

ONTE KEPA JUNQUERA CATIVOU  AOS CAMBADESES EN MARTÍN CODAX
Eran as 20.16 horas da tarde estaba sentado no sofá da miña casa , dubidando entre  ir a botar un partido de fútbol ou esperar as 21 horas para ir a ensaiar con
Xironsa. De repente recibo unha chamada no móvil, “Xesteira”, pregunteime que quererá o mestre a estas horas. Non era Xaquín era a súa muller Esther e dime queres vir a
mirar un concerto de Kepa Junquera na terraza da adega Martín Codax, non o dubidei un intre. O de porque lle sobraban un par de entradas ao mestre e moi longo de explicar. Alí entrei acompañado de Esther e de Xaquín nunha terraza abarrotada con preto de 400 persoas, e de repente sube o escenario o inigualábel Carlos Blanco, quen fai unha marabillosa presentación  do protagonista da noite  Kepa Junquera acompañado do ex de Berrogüeto  Xavier Diaz. Ben o espectáculo que vimos alí foi sinxelamente excepcional, unha hora dunha mistura de música vasca e
galega que facía a delicia dos alí presentes. Kepa non toca o acordeón, fai algo mais que iso,  fala con él, baila con él, goza con él. Como fin de concerto,  e para miña sorpresa sube o escenario tamén o propio Xesteira e aquello xa foi  o “climax”. E para rematar tiven a sorte grazas ao mestre Xesteira de intercambiar unhas palabras, con Kepa. Unha tarde verdadeiramente redonda e aínda por riba colaboramos con Cáritas, que mais se pode pedir.
XAQUÍN CHARLIN “CHON”.

Ningún comentario: