3 de xul. de 2014

A USC PRESENTA O I MÁSTER EN INDUSTRIA MUSICAL EN CAMBADOS.

ENTRE OUTROS ESTARÁN CRISTINA PATO E IVÁN FERREIRO, NICASIO GRADAILLE, ESPECTÁCULOS LITO E JOAQUÍN MARTÍNEZ
A Universidade compostelana presentará o vindeiro venres
Ivan Ferreiro
en Cambados o I Máster en Industria Musical que se impartirá en Galicia, co obxectivo de que os asistentes estean capacitados para atender a todos os ámbitos da industria musical.
Nesta nova titulación, a Universidade
Nicasio Gradaille
de Santiago de Compostela abordará os aspectos artístico, estético, sonoro, logístico, de xestión, produción e comercialización da industria da música actual, segundo informou a institución académica nun comunicado.
Pola Universidade de Santiago asisten o vicerrector de Coordinación e Comunicación, Xosé Pereira,
Joaquin Martinez
e o director do Máster e profesor da USC, Xaime Fandiño.
O sector profesional e artístico estará representado por músicos de éxito como Cristina Pato e Iván Ferreiro; Nicasio Gradaille, profesor de piano e integrante do Taller Atlántico
Angel Martinez
Contemporáneo; o empresario Angel Martínez, gerente de Espectáculos Lito, o maior representante galego de orquestas de verbena, e o director da axencia Esmerarte, Joaquín Martínez, manager, entre outros, de Vetusta Morla e Xoel López e organizador do festival Portamérica.
O máster contará coa participación activa de músicos, managers, productores, compositores, promotores e xestores dos diferentes subsectores da industria musical.
O I Máster en Industria Musical é unha iniciativa do equipo de investigación do grupo multidisciplinar Canle Campus.

Ningún comentario: