3 de xul. de 2014

O VINDEIRO DEZ DE XULLO

A CAMBADESA EMÉRITA MENDEZ EXPÓN EN VILAGARCÍA DE AROUSA
 O vindeiro xoves dez de xullo a cambadesa Emérita Méndez, licencia en Belas Artes (Deseño e Audiovisuais ademais de ser
licenciada en Xeografía e Historia (historia da arte moderna e
contemporánea), expón en Vilagarcía de Arousa, concretamente na Sala  de Exposición Rivas Briones sita na rúa Alcalde Rei Daviña da citada localidade. A exposición leva por titulo “MIL PALABRAS”, en principio  está previsto que presidan o acto o Alcalde de Vilagarcía  Tomas Fole e a Concelleira de Cultura  Rocio Llovo del Rio. 
Emérita , que aparte de ser unha excelente pintora é unha excelente persoa foi protagonista xa de múltiples exposicións xa expuxo en Cambados , Pontevedra, Vigo , Lugo, Alemaña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa e  Mondariz  entre outros moitos lugares.

Ningún comentario: