5 de xul. de 2014

AS COMPORTAS DE SACO: UN “BLUF” ELECTORAL DO ALCALDE MAIS INSERVIBLE DE CAMBADOS, LUÍS ARAGUNDE

O NOVO CABILDO, A NOVA PRESIDENTA DAS MARISCADORAS E O BNG EN CONTRA DE TAN ARREPIANTE E OSTENTOSA OBRA.
UNHA VEZ PERDEU BENITO PELEA AS ELECCIÓNS,  CANCELAN AS OBRAS
Xa o explicamos neste blog por activa e por pasiva, as
comportas do Saco foi tirar cos cartos de todos os cambadeses e os galegos, foi unha trasnada mais de Luís Aragunde,  este inservible que temos como Alcalde, apoiado iso si polo energúmeno do Caudillo de Oubiña o ínclito Tourís e polo Fürher de Ribadumia o “amigo” Louzán coa a probación e complicidade tamén de Juan José Duran. Así o BNG  de Cambados ven de presentar un escrito  no
que manifesta "que hai uns días se desmantelaron as obras  iniciadas  para a construción das comportas do Saco de Fefiñáns e que, ademais, ditas obras levaban meses paradas, dando a sensación de que se iniciaran con motivos máis propagandistas ca  reais. Que a imaxe que se está a dar actualmente co desmantelamento do iniciado, é a de abandonar esta obra que o PP impuxo e  iniciou, en contra da opinión de moita xente do sector marisqueiro e do
BNG. Que ao BNG lle parecería moi ben que as comportas non se construíran pero que, a día de hoxe, unha vez licitadas e iniciadas é consciente de que a parte da obra que  leva feita a empresa, pagouse con cartos públicos e, de ser certo o que semella (que non seguirá), nos parecería un “despilfarro” a operación de imaxe feita con este motivo ata o de agora; polo que solicitan  que se respondan as seguintes
preguntas: Cal é a razón pola que a empresa contratada está a desmontar a estrutura de construción das comportas do Saco de Fefiñáns? Non se van a construír as comportas do Saco de Fefiñáns? Cal é a razón?"
A FUTURA PRESIDENTA DAS MARISCADORAS ENCONTRA DAS COMPORTAS.
A mariscadora máis votada  nas derradeiras eleccións foi
María Xosé Cabelos, quen como non podía ser doutro xeito, está encontra de tirar cos cartos dos cambadeses ao mar, e nunca tan ben dito, e polo tanto está en contra das comportas como estivo a anterior presidenta das mariscadoras Isabel Pérez ate que se deixou "engatuxar" polos peperos.
Hoxe en manifestacións a Faro de Vigo di que “a miña posición con respecto as comportas é de sobra coñecida. Non son partidaria de que se instalen. Haberá que pedir explicacións a Portos da razón porque esta semana a
empresa adxudicativa de obra retirou todo o material que tiña alí. Todas as obras que se fan no entorno natural acaban modificando as condicións e rompendo o equilibrio do ecosistema. Eu nunca vin claras as comportas. Haberá que consultar a asemblea das mariscadoras e despois a confraría”.
Permítasenos dicirlle a María Xose que as mariscadoras xa foron consultas  en asemblea, concretamente o 28 de
xaneiro de 2011 en presencia do inútil de Aragunde e do defenestrado de Pelea as mariscadoras , antes de Isabel se pasara o outro bando, votaron en contra das comportas, pese a todo elo intentaron facelas igual.
A PRENSA DO RÉXIME SEGUE DESINFORMADA, INÚTIL E CASADA CO PODER
Mentres a prensa do réxime segue a facerlle o caldo a Luís Aragunde e sacarlle as castañas do lume, mentres certa prensa segue a fundir un negocio de paxaros en Cambados e defender a Luís Aragunde ate a morte baixo a conivencia do xefe de prensa do Concello, os blogs levamos meses repetindo que este era unha obra  para Pepe Gotera e Otilio. Agora a empresa construtora di que hai un problema xeotécnico porque o fondo cedeu as "planchas" de ferro. Pero  señores da prensa
non se "enteran" da misa a metade. Si tiveran un pouco de cordura e interese poderíanse facer co documento prego de prescricións técnicas particulares, comporta de regulación hidráulica nol porto de Tragove,  no que se demostra que tanto o contratista como a Dirección de Obras incumpriron os prazos, e en caso de ser a escusa de retirar as obras por problemas de que se afunde o fondo xa o tiñan que ter comprobado fai un mes e
non agora, como sae estes dias nos xornais. O que realmente pasou é que  ao non estar o Pelea non lles interesa a obra, por iso pararon a mesma, como máximo un mes de comezar as obras tiñan que ter feito un estudio do terreo a dragar, e veñen agora con esa escusa cando a obra leva meses facéndose.

A continuación presentamos parte do proxecto constructivo das comportas:
PROXECTO CONSTRUTIVO. COMPORTAS DE REGULACIÓN HIDRÁULICA NO PORTO DE TRAGOVE.
CAMBADOS. 
Terase especial coidado en manter a auga queda no lugar
do formigonado, evitando toda clase de correntes que poidan producir o lavado da mestura.
Medición e abono.
Establécense como unidades de abono:
metros cúbicos (m3) realmente colocados dos distintos tipos correspondente ás seguintes unidades:
M3. Formigón en masa HM-15 para recheos, capas de nivelación e limpeza
M3. Formigón para armar HA-30/B/20/lllb en cimentacións, alicerces e aleta.
45 DRAGADOS
Todos os traballos de dragado realizaranse baixo a dirección da Dirección Ambiental das Obras.
Traba , a realizar e obxecto do presente prego
Os traballos a realizar consisten na execución das gabias
para colocación da "losa" formigón de base na zona da comporta, tal e como se define nos planos correspondentes do Proxecto, ata alcanzar os perfís teóricos indicados neles, sendo o obxecto do presente Prego establecer as condicións que han de rexer na execución das mesmas.
Reformulo das obras.
Dentro do prazo que se consigne no contrato e, en todo caso, antes de que transcorra un mes da data de formalización do contrato, a Dirección das obras procederá en presenza do Contratista, a efectuar a comprobación do reformulo, estendéndose Acta do resultado, que será asinada por ambas partes interesadas.
A comprobación do reformulo comprenderá a constatación dos seguintes feitos:
l . Comprobación da xeometría en planta do Proxecto e, como consecuencia, comprobación da posesión e disposición real da zona para iniciar e realizar as obras, incluíndo, no seu caso, os vaciadeiros.
2. Comprobación da viabilidade do proxecto.
3. Comprobación dos sondeos batimétricos na\/s zona/s a dragar e obtención da topobatimetría correspondente.
4. Comprobación dos perfís de dragado representados no
proxecto e obtención dos volumes a dragar.
Os planos de batimetría en planta da\/s zona/s a dragar e os perfís transversais obtidos serán incorporados ao Acta de Comprobación de Reformulo. Estes planos servirán de base para coñecer os volumes a dragar, por comparación cos perfís teóricos do Proxecto, polo que deberán referirse a toda a obra e co detalle suficiente para poder deducir os volumes de dragado, polo menos
co mesmo número de perfís que no Proxecto.
Sempre que as cotas do fondo do terreo natural sufran alteracións sensibles debido a aterramentos ocorridos durante a execución da obra, non producidos en ningún caso polo sistema de dragado adoptado, poderán realizarse levantamentos de perfís da zona afectada, de carácter contraditorio, que sirvan de base para obter os volumes de dragado realizados en devandita zona. Para iso, requírese que o levantamento de perfís realícese antes de iniciarse o dragado na correspondente zona e que a previsión en tómaa de datos sexa superior á efectuada na Comprobación de Reformulo. Os perfís obtidos deste xeito, a efectos de medición na liquidación da obra, substituirán ás súas correlativos que figuran no Acta de Comprobación de Reformulo.


Ningún comentario: