6 de xul. de 2014

XA HAI “FUMATA BRANCA"

RUPERTO COSTA FERNANDEZ “PERTO”, SERÁ O NOVO PATRÓN MAIOR E MARIA XOSÉ CACABELOS  A VICE PATRONA DA CONFRARÍA SAN ANTONIO DE CAMBADOS.
Hoxe reuníase toda a candidatura da rexeneración democrática cun só obxectivo a elección de patrón e vice patrón maior da novo cabildo saído dunha maioría
aplastante das derradeiras eleccións da Confraría de Cambados. Os 24 integrantes da candidatura , elixidos e non elixidos, despois de expoñer cada ún os seus puntos de vista acordaron por maioría elixir como novo Patrón maior da Confraría de Cambados a RUPERTO COSTA FERNANDEZ “PERTO” e como vice patrona maior a María Xosé Cacabelos Dominguez.
Os nosos parabéns aos dous son dúas grandes persoas, traballadores  do mar de toda a vida e loitadores incansables pola
liberdade e polo traballos dos seus compañeiros.”Perto” xa era directivo da Asociación de Rañeiros onde leva traballando varios e nos e María Xosé Cacabelos , que dicir dela , é todo un exemplo para a muller cambadesa, traballo, honradez e sinceridade, avalan tanto o Patrón Maior como a vice patrona maior.  Só lle desexamos moita sorte na difícil tarefa que teñen por diante, que lle fagan caso aos consellos do amigo Ricardo Dominguez,  e como di o xuramente se o fan ben que Deus os premie e se o fan mal que llo demande,  e aquí estaremos  os blogs cambadeses para lembrarllo.

Ningún comentario: