6 de xul. de 2014

"GAMBERRADA" SEN CUALIFICATIVOS EN CAMBADOS

APARECEN 8 COCHES COAS RODAS PINCHADAS NA CÉNTRICA RÚA CASTELAO DE CAMBADOS
Sempre dicimos o mesmo e non nos cansaremos de dicilo “HAI QUE SABER DIVERTIRSE” facendo mal aos nosos conveciños e danar o mobiliario público non é a forma correcta de facelo. Podemos pasalo ben sen facer dano a ninguén. Hoxe un lector do noso blog enviounos estas fotos que son moi expresivas da "gamberrada" que tivo lugar esta
noite na céntrica Rúa Castelao de Cambados onde ate oito coches lle foron pinchadas as rodas. O noso  informador queixábase da actuación da Policía Local incluso nos chegaba a dicir  que de dia "calzanse" as botas poñendo multas  e noite onde están?, preguntábase. 
Nos non é por saír en defensa da Policía Local de Cambados, que xa se defenden eles soliños, é evidente que a Policía Local e Garda Civil, tamén encargada da seguridade nas nosas rúas non poden estar en todos sitios a un tempo , non teñen o don da ubicuidade. Nos creemos que isto e mais un problema de concienciación cidadán e que lle temos que ensinar a xente que se divirta  si, pero sen facer dano a nada nin a ninguén.

Ningún comentario: