7 de xul. de 2014

CONCENTRACIÓS EN DEFENSA DOS PARTIDOS XUDICIAIS DO SALNÉS

AS FORZAS VIVAS DE CAMBADOS, DEBIAN DE ESTAR NESTA CONCENTRACIÓN.
A CIG do Salnés, fai un chamamento aos veciños e veciñas da comarca e por sauposto de Cambados,   a participar na
concentración convocada para este mércores 9 de xullo, ás 20´30 h., na Praza do Concello en Cambados en defensa dos Xulgados de Cambados e Vilagarcía. Coidamos que é unha oportunidade marabillosa para que Asociacións como Zona Centro de Cambados,  hostaleiros, avogados e procuradoras da vila,  e demais forzas vivas do pobo deberian estar presentes nesta importante
concentración. Non só vale con dicir que estamos en contra de que nos leven os xulgados , tamén estamos encontra das abusivas taxas e da privatización do Rexistro Civil. Aos xulgados de Cambados veñen unha media de 600 persoas a semana o que supón  unha afluencia de xente anual a vila de Cambados dunhas 35.000 persoas ao ano, poucos estamentos teñen a afluencia de xente que teñen os xulgados, co que conleva
economicamente para a nosa vila.
PRIVATIZACION DO REXISTRO CIVIL
Outra vez máis, tal e como nos ten acostumado o PP, dun xeito oscurantista, torticero, tentando relegar ao parlamento español a un simple convidado de pedra, o ministro Sr. Gallardón, a través do consello de ministros, ven de publicar o Real Decreto-lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes
para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, no que se outorga aos Rexistradores Mercantís a competencia sobre os rexistros civís. Un vez máis, unha norma que non ten nada que ver é empregada polo goberno español para incluir outra serie de decisións controvertidas, agardando como que as mesmas poidan pasar desapercibidas cara ao cidadán. 
1) Ao parecer as funcións realizadas por uns funcionarios públicos van pasar a outros (rexistradores mercantis).
2) O servizo vai pasar de ser gratuito a ser "gratuito" (supoñemos que incrementado as outras taxas do rexistro mercantil).
3) O servizo vai pasar de estar servido por funcionarios con longa experiencia no rexistro de persoas a estar servido por uns poucos "funcionarios" con grande experiencia no rexistro de empresas.
4) A informatización e a base de datos do servizo pasará de estar en mans do Ministeiro de xustiza a estar en mans dunha empresa privada "controlada" polo Ministerio de Xusitza.
5) O servizo pasará de ser realizado en todos os concellos de España a só as capitais de provincia ou sedes onde haxa rexistrador mercantil.
6) Os traballadores que manexen esta información tan
sensible pasarán de ser funcionarios públicos a ser simples contratados laborais dos Rexistradores Mercantís.
Etc., etc., etc.,
Despois desta reflexión so cabe pensar "QUE MERDA VAI MELLORAR A PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DO REXISTRO CIVIL POR PARTE DOS REXISTRADORES MERCANTÍS"
Dende logo algún día habería que reflexionar se ao igual que todo o equipo de goberno dun concello, debería de imputarse tamén a todo un consello de ministros por tomar decisións nas que algúns dos seus membros se poden ver beneficiados no futuro....





Ningún comentario: