19 de xul. de 2014

DENDE A PRAZA DE ABASTOS DE CAMBADOS DIRECTAMENTE A FACEBOOK

AS PEIXEIRAS DE CAMBADOS ACABAN DE INAUGURAR O SEU PROPIO GRUPO DE FACEBOOK.
Para min falar de peixeiras e lembrarme a miña nai,  a “Chonita” e a miña irmá “Nena”,   e tanta xente da miña familia que exerceron esta marabillosa e dura profesión, é falar de dignidade, de sacrificio,  de horas de traballo de
madrugóns,  a veces incluso con pouca recompensa económica, e traballar a veces en condicións extremas, lembro cando era un mociño e ía a xunta miña nai a antiga praza,  e as condicións era malísimas tanto de hixiene como de traballo, agora están bastante mellor pero aínda así é unha dura profesión, e esperemos que se fan a nova praza estean moitísimo mellor porque estas mulleres meréceno todo. 
Pois tamén se modernizan as nosas peixeiras e acaban de crear un grupo de facebook que se chama “PEIXE E
PEIXEIRAS”, nel podes ver practicamente en tempo real os marabillosos produtos da nosa Praza de Abastos que nestes últimos tempo está a ser liderada unha nova xeración de peixeiras  que co seu telefono móbil póñenos inmediatamente o día  do que podemos mercar, e asegúrovos que onde este o noso produto que se que quiten Mercadonas, Gadis, Eroskis e toda “gandallada” esa, como o produto das nosas peixeiras  non hai mellor no mundo porque elas,  como dicía Ricardo Dominguez nunha das fotos que lle “roubei” para ilustrar este artigo,  aparte de ser as mais guapas do mundo son as mellores peixeiras do mundo. 
Pide a túa entrada no grupo. 
DENDE O MEU RESPETO E ADMIRACIÓN HACIA ELAS: XAQUÍN CHARLIN "CHON"

Ningún comentario: