19 de xul. de 2014

HOXE TOCA TREIXADURA EN BARRANTES, SI OU SI.,

UNHA CARPA INSTALADA AO EFECTO PROTEXERÁ AOS ASISTENTES DA CHOIVA
Hoxe vaise facer certo aquello que di a famosa copla que canta Treixadura e que tivo tanto éxito que decia “Se chove,
deixa chover e se orballa deixa orballar"  porque o concerto de Treixadura hoxe en Barrantes vaise celebrar, si ou si. Como ven di o Faro de Vigo de hoxe tras dous intentos errados, tocará esta noite na
Carballeira de Barrantes. Continua dicindo o citado periódico que esta actuación pretendía dar o pistoletazo de saída á "XLII Festa do Viño Tinto do Salnés" o día 6 de xuño, pero por mor das probabilidades de choiva tivo que suspenderse. A data trasladouse ao 5 de xullo, noite que
tamén foi pasada por auga polo que o directo non chegou a celebrarse e tivo que aprazarse de novo.
Hoxe, malia que é probable que caian algunhas pingas pola noite, o concerto celebrarase de igual xeito xa que o recinto que o acolle -a Carballeira de
Barrantes- contará cunha carpa que cubrirá aos asistentes e resgardaraos da posible choiva.
Malia que como chancea o concello, parece que o grupo en cada unha das súas visitas a Ribadumia, leve a nube encima (aqui tamén
engadiriamos  que leva tamén Treixadura, frescura, elegancia, saber facer,  moita música tradicional e sobre todo moita xente), os organizadores esperan que sexan moitas as persoas que acudan ao seu directo xa que, coa carpa, admiten, non haberá ningún tipo de problema.
O grupo "Treixadura", nacido no ano 1992 en Redondela, ofrecerá ao público un directo no que as gaitas e a percusión serán os protagonistas á beira das voces. O obxectivo deste grupo, formado por cinco artistas, é continuar cos ritmos tradicionais e manter as melodías coas que, ao longo de moito tempo, os gaiteros animaron festas e romarías.

Ningún comentario: