19 de xul. de 2014

O VALEDOR DO POBO ADMITE A TRAMITE UNHA DENUNCIA DOS VECIÑOS DE SANTA MARIÑA

SEGUNDO ELES O CONCELLO SEGUE SEN DARLLE SOLUCIÓN OS SEUS PROBLEMAS.
O mes de Xuño pasado os veciños de Santa Mariña dirixiron un escrito ao Valedor do Pobo, nel facían constar toda a
problemática xurdida  a consecuencia de deixar a Avda. da Pastora como dirección única, os veciños, como todos sabemos procederon a unha recollida de sinaturas, dábanlle varias opcións Alcaldía, menos a da dirección
única, entre outras que seguira a rúa en dobre dirección, outra das solución era prohibir o aparcamento na rúa e así habería moita máis capacidade para a circulación de vehículos. O Alcalde Luís Aragunde en contra de toda a veciñanza deu a solución que ningún veciño quería, a da
dirección única. Asemade o Alcalde chamou o seu amigo Louzán da Deputación quen enviou unha pala alisou un camiño e botou catro pedras, camiño que por certo é un verdadeiro desastre nos fomos testemuñas do
estado actual do mesmo  e ven sendo lamentable,  nas fotografías podedes apreciar  estado ruinoso do mesmo , ese camiño non aguanta nin un terzo do vindeiro inverno, so con un día de choiva de verán mirade como se puxo, a parte de outros inconvintes. Para os veciños ese camiño
tampouco é a solución idónea. 
Nun escrito (pódelo ver ao remate desta nova) remitido polo Valedor do Pobo o 9 de xullo pasado aos veciños da Avda da Pastora este acorda admitir a trámite a denuncia e solicitando ademais pedir o preceptivo informe ao
Concello de Cambados e unha vez o teñan no seu poder daranlle conta do mesmo aos veciños.
Polo tanto a problemática dos veciños da Avda. da Pastora segue en pe, e non se dou por rematada como dixeron certos medios de prensa. As veciños están incluso
dispostos a acudir ao propio parlamento europeo se fora necesario. Como vedes no escrito do Valedor hai un erro e refírese ao Concello de Sada, cando en realidade debe dicir Concello de Cambados, tal como consta arriba na dirección.




Ningún comentario: