15 de xul. de 2014

ESCANDALOSO O QUE ESTÁ A PASARLLE OS EMPREGADOS DA PISCINA MUNICIPAL

O ALCALDE DE CAMBADOS E ICONO DE INCOMPETENCIA  E MAL FACER
Fai mais de 13 anos que un alcalde chamado Tourís, tan incompetente como o actual, por que el quixo,  contratou ao
Grupo Pazos a explotación da Piscina Municipal , mentres foron tempos de bonanza o burato na piscina non se notaba, pero cando ven a época das vacas fracas nin o Grupo Pazos nin o Concello solucionan o problemas aos empregados. A cousa que temos como Alcalde ocorréselle agora rescindir o
contrato a empresa en cuestión, pero non é tan doado como pensa Aragunde, hai que resolverse un expediente  e iso leva meses. 
QUEN VAI PAGAR MENTRES AS NÓMINAS AOS
EMPREGADOS?
Mentres se solucionan os tramites administrativos, o Grupo Pazos vai seguir como concesionario, e entón quen lle vai pagar a nómina aos empregados “O maestro armero”. O noso Alcalde o mínimo problema fai coma as avestruces mete a cabeza na
terra  como se non vira os problemas o que non sabe o noso Luisiño  é que lle queda o cu fora, e os empregados están xa buscando sinaturas en varios centros de Cambados  e aireando os seus problemas na prensa,  para que se  busquen solucións, e precisamente que nas ten que buscar é o noso Alcalde, pero Luis buscar solucións non sabe.
Moito presumir de piscina e agora a piscina é un problema grave para Luís Aragunde. De todos os xeitos os traballadores emitiron un comunicado para informar de primeira man aos usuarios e expoñerlle o seu afán de
seguir desenvolvendo as actividades actuais, pese a non cobrar xa as mensualidades de maio e xuño son os únicos que poñen algo de cordura no problema.  
A PISCINA CÚSTALLE AOS CAMBADESES MAIS DE 100.000 EUROS ANUAIS   SO ENCUSTO
ENERXÉTICO
A piscina está a supoñer para Aragunde todo un pozo sen fondo , pois cada ano só en gasto enerxético cústalle  aos cambadeses, grazas a
incompetencia do noso alcalde,  100.000 euros anuais. O outro dia preguntábanos unha persoa que traballa en Cambados que onde era a piscina municipal que quería darse un baño, dexémolle que no Pombal, e dinos o individuo pero esa é privada, hai que pagar. Nos sacámolo da seu engano a medias pois esa é a piscina pública pero hai que pagar. 
FOTOS: GOOGLE IMAXES

Ningún comentario: