15 de xul. de 2014

CHAPUZA, ESTA E A SOLUCIÓN QUE LEVA SEMANAS ESTUDANDO O CONCELLO?

AS PÍRRICAS SOLUCIÓNS AOS APARCAMENTOS DE LUÍS ARAGUNDE SON ILEGAIS. A POLICÍA LOCAL SE QUERE PODE SEGUIR MULTANDO.
Incrible, vaia cabeza ten o noso Aragunde, o que tivo que discorrer para solucionar o tema dos aparcamentos. ¡Deus noso!, que penoso é este home como Alcalde.
A propia Policía Local informa a un dos nosos confidentes
 ao preguntarlle esta se na rúa Lugo, que é a que se ve nas imaxes,  con esa sinal podíase aparcar e que prevalecía se a sinal vertical ou a Lei de Tráfico, díxolle o Policía Local que el no seu lugar non aparcaría alí, porque a ordenanza municipal de trafico non a regula, e a lei de tráfico está por riba dunha sinal vertical, e as sinales estanse a instalar sen consultar a Policía Local. O noso confidente díxolle que iso era unha chapuza e o Policía Local botouse a rir.
A normativa neste aspecto di: 
Queda prohibido estacionar nos seguintes casos:
a) En todos os descritos no número anterior do presente artigo, nos que está prohibido a parada.
b) Nos lugares habilitados pola autoridade municipal como de estacionamento con limitación horaria, sen colocar o
distintivo que o autoriza ou cando colocado o distintivo mantéñase estacionado o vehículo en exceso sobre o tempo máximo permitido pola Ordenanza Municipal.
c) En zonas sinalizadas para carga e descarga.
d) En zonas sinalizadas para uso exclusivo de minusválidos.
e) Sobre as beirarrúas, paseos e demais zonas destinadas ao paso de peóns. No entanto, os Municipios, a través de Ordenanza Municipal, poderán regular a parada e o estacionamento dos vehículos de dúas rodas e ciclomotores de dúas rodas sobre as beirarrúas e paseos sempre que non se prexudique nin se entorpeza o tránsito dos peóns por ela, atendendo ás necesidades daqueles que poidan portar algún obxecto voluminoso e, especialmente, as daquelas persoas que puidesen contar con algunha discapacidade

Ningún comentario: