15 de xul. de 2014

UN CAPITULO SERENÍSIMO CON CABALEIROS DELINCUENTES

O PSOE E XUVENTUDES SOCIALISTAS, SÚMANSE A ESTE BLOG E O BNG NA PETICIÓN DE RETIRADA DO TITULO A JAUME MATAS
Perante o inminentes ingreso en prisión dun dos Cabaleiros Delincuentes do Capítulo Serenísimo do Alabariño, o ínclito
Jaume Matas  tanto Xuventudes Socialistas como o propio PSOE  véñense a sumar a petición que xa fixeran tanto este blog no 2012 como o BNG do 2013, a inmediata retirada do titulo de Cabaleiro a Jaume Matas e limpar así imaxe desta denigrado Capitulo Serenísimo.
Xuventudes Socialistas e o propio PSOE por medio da súa portavoz municipal Fátima Abal presentaron  hoxe un escrito no que entre outras cousas din  que durante a Festa do Albariño, Cambados convertese no foco de atención dos medios de comunicación. O desfile da
comitiva do Partido Popular e da do Capítulo do Serenísimo centra todas as miradas o domingo da Festa. A única función de Damas e Cabaleiros é a defensa do Albariño en tódolos ámbitos e lugares posibles.
Levamos anos denunciando a
acaparación que fai o Partido Popular da Festa de tódolos cambadeses, nomeando Damas e Cabaleiros soamente a cargos dese partido. Isto trae como consecuencia o nomeamento de persoas con capacidade máis que dubidable para defender o noso viño e
representar a Cambados no exterior.
A inminente entrada na cadea de Jaume Matas, Cabaleiro do Capítulo do Serenísimo e ex-Ministro de Medio Ambiente co Partido Popular, pon de manifesto o anteriormente mencionado.
Non é de recibo que o viño que todos defendemos teña como defensor a unha persoa que está na cadea por corrupción.
Por outra parte, a toma de decisións do Capítulo do Serenísimo, organismo encargado do nomeamento de Damas e Cabaleiros,
correspóndelle ao Gran Mestre do mesmo, na actualidade Alberto Nuñez Feijóo. Na súa ausencia, as competencias recaen no Copeiro Maior, na actualidade vostede mesmo, Luís Aragunde.
FUTURO CABALEIRO
Polo que rematan solicitando que na vindeira xuntanza do Capítulo do Serenísimo o Alcalde de Cambados, Copeiro Maior do mesmo, inste ao Gran Mestre, Alberto Nuñez Feijóo, a que retire o título de Cabaleiro ou Dama do Capítulo do
FUTURO CABALEIRO
Serenísimo da Festa do Albariño a todos aqueles condenados por corrupción, comezando por Jaume Matas i Palou.

NO 2012 ESTE BLOG XA SOLICITARA A EXCLUSIÓN DE MATAS DO C.S.
Xa no 2012 este blog preguntábase onde estaba Mariano Rajoy que poñía a Matas como exemplo de bon goberno dunha comunidade autónoma e que é do noso Superdelegado Sr. Tourís que presumía de nomear a un ministro, agora corrupto, cabaleiro do Albariño. A Tourís podíaselle aplicar aquilo de “Dime con quen andas e direiche quen es”.  Luís Aragunde que daquela xa era tamén concelleiro destacado no goberno de Tourís, como actual Alcalde e “Copeiro Maior” do Capitulo Serenísimo e o Secretario Sr. Piñeiro deberían revocar o nomeamento deste corrupto como Cabaleiro do Albariño para limpar a imaxe da vila de delincuentes coma este.
Polo súa banda o BNG no 2013 ía moito mais lonxe e pedía a retirada do titulo de Cabaleiro de: 
Mariano Rajoy: por responsable dunha trama de financiamento ilegal do seu partido político, acusado de cobrar sobresoldos en negro nos anos 97, 98, 99 (vulnerando a Lei de Incompatibilidades do ano 1995) e, ademais, por negarse a dar explicacións á cidadanía destas acusacións, o que nun réxime democrático debe ser a primeira obrigación de calquera representante político.
Francisco Álvarez Cascos: (no seu momento ministro de Fomento do PP) tamén cobrou sobresoldos en negro procedentes do financiamento ilegal do PP.
Jaume Matas: (no seu momento ministro de M. A. do PP), condenado por varios delitos de corrupción ao usar os cartos públicos en beneficio propio.
¡¡¡VERGOÑENTO!!! Que Luis Aragunde, Touris, Feijoo e Piñeiro manchen o nome dun pobo con semellantes nomeamentos.




Ningún comentario: