15 de xul. de 2014

OPINIÓN: PRESENTASE UNHA COLLEITA "NORMAL"

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
Despois de un duro inverno, cheo de adversidades climatolóxicas que
fixeron perigar en varios momentos a colleita de albariño, a estas alturas xa enfilamos a recta final do que vai ser a vindeira vendima. Si todo sigue así
esperase que a próxima colleita sexa "normal", e dicir una colleita ente 25 e 27 millóns de quilos. Recordar que a colleita do 2011 foi a máxima histórica con 41 millóns de quilos, seguida da do 2013, con algo mais de 33 millóns.Nestes momentos xa non
existen riscos de enfermidades, salvo a temida Botritis que se pode presentar en vésperas de vendima, vai depender das choivas que teñamos nas vindeiras semanas. De seguir así a previsión e de vendimar entorno o 15 de Setembro, solo cabe esperar que esta baixada de produción con respecto o ano pasado, signifique un aumento nos prezos para compensar o sufrido viticultor.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA

Ningún comentario: