14 de xul. de 2014

“MARALBA” A MEDIO MARATÓN QUE VAI UNIR O GROVE E CAMBADOS

A CARREIRA DE 10 QMS DE CAMBADOS NON SE SUSPENDE, POSPONSE PARA O ANO QUE VEN.
Nace un Medio Maratón que unirá O Grove e Cambados.
A primeira edición do Medio Maratón Maralba Running
Fest014, carreira de 21.097 metros de percorrido, disputarase o vindeiro domingo 28 de setembro e unirá as localidades de O Grove e Cambados, segundo informou a organización a
través dun comunicado de prensa.
Unha proba que nace coa vocación de promocionar o "marisco" de O Grove e o "viño Albariño" de Cambados, por iso é polo que os organizadores decidisen poñerlle o nome de
"Maralba".
A organización estableceu, tanto para homes como para mulleres, as categorías promesas, sénior e veteranos.
A próxima semana abrirase o prazo de inscrición, que terá un custo reducido ata o 28 de agosto e outro distinto
desde o día 29 dese mesmo mes ata tres días antes da celebración da proba.
O obxectivo da organización é que esta proba sexa un referente  do atletismo de fondo en Galicia.
A CARREIRA DE 10 QMS DE CAMBADOS NON SE SUSPENDE, POSPONSE PARA O ANO QUE VEN.
Hai certo resquemor en algúns atletas da nosa vila polo que
tratamos de investigar nas causas da suspensión e fontes solventes infórmanos que a carreira de 10 qm de Cambados posponse esta tempada co fin de centrar todos os esforzos da organización na “Maralba”. Estas mesmas fontes dinnos que a
homologación é valida por sete anos, e a intención  e retomala o vindeiro ano.
Séguenos informando estas fontes que desde  a Sección de Deportes do Concello de Cambados e dende o Club Atletismo Cambados estase a loitar para que este paréntese da carreira de 10 qm sexa algo anecdótico e na vindeira tempada atlética
póidase celebrar as dúas probas xunto coa Milla Urbana. Estas mesmas fontes entende o descontento de parte da comunidade atlética pero o importante sempre e sumar para que a “Maralba” teña moitos apoios e sexa un éxito do atletismo do Salnés.
A verdade que entendemos que é unha magoa que non se celebre esta carreira que en Cambados estaba a coller un éxito espectacular, e non só en Cambados senón dentro de toda a comunidade atlética galega. Esperemos como din as nosas fontes que para o ano se poidan celebrar as tres probas referidas.






Ningún comentario: