26 de xul. de 2014

LUÍS ARAGUNDE ABANDONAS AOS TRABALLADORES DA PISCINA A SÚA SORTE E DI QUE O CONCELLO NON SE FARÁ CARGO DA XESTIÓN.

UNHA TRABALLADORA, FILLA DUN ALTO CARGO DO PP DE CAMBADOS, ENTRE OS PREXUDICADOS TRABALLADORES DA PISCINA.
Luís Aragunde  xa se pronunciou sobre o tema da xestión da piscina e como xa avanzamos neste blog, xa nos temiamos
a resposta do  inepto de Alcalde que temos, que o concello non se vai facer cargo da xestión da piscina, porque entre outras cousas hai que manter dous soldos dun inútil gabinete de presa, hai que manter un soldo dun arqueólogo que non fai practicamente nada, hai que manter un soldo dun arquitecto
municipal contratado que  ven as horas , de asesores persoais ou axendas  con patas que entre todos eles nos custan aos cambadeses preto de 20.000 euros ao , con eses cartos a xestión da piscina estaría solucionada. Pero claro, Luisiño, temos que pagar favores, porque tendo ao arquitecto técnico municipal Pelayo Eyo, para que contratamos un arqueólogo e un arquitecto , para iso Luisiño
para pagar favores a outras persoas.
Luís Aragunde sabe que rescindir o contrato ao Ximnasio Pazos  vai levar varios meses, e esta mentíndolle aos traballadores, xa o dixeron eles mesmo, dicindo que iso vai resolver en dous meses, mentira Aragunde, todo iso é mentira. 
O SECRETARIO DO CONCELLO IMPORTANTE OU UNHA FIGURA DECORATIVA?
O mais gracioso do noso alcalde e a seguinte frase “O
secretario municipal ten a encomenda darlle a máxima prioridade a este asunto para que se resolva ou máis pronto posible”.  Pero se todos sabemos Luís, e sobre todos os concelleiros da oposición de que o Secretario da corporación telo como unha simple figura decorativa,  telo "ninguneado" en numerosas ocasións e tanto Victor Caamaño como Fatima Abal  son testemuñas delo, como te atreves a dicir  que o secretario tenlle que dar
a máxima prioridade o asunto, tes mais morro que Carmen de Mairena,  Luisiño.
Colle o touro polos cornos, asume a xestión da piscina e ten os “huevos” (perdonade a expresión) de despedir altos cargos inútiles no concello que non valen para nada. 
UNHA TRABALLADORA DA PISCINA, FILLA DUN ALTO CARGO DO PP NO
CONCELLO
Tamén sabemos, porque así nolo confirmaron  varias persoas,  que unha das traballadoras da piscina e filla dun alto cargo do PP no concello de Cambados, casualmente  non sae en ningunha das fotografías nas que vemos aos traballadores, o cal non
quere dicir  que non asuma as súas reivindicacións. Esperemos que non faga coma un famoso mestre de Cambados xa xubilado e afín a PP,  e mais a dereita que o PP,  que cada vez que había unha folga de profesores dicía nun famoso bar de Cambados “ eu non vou a folga así non perdo cartos, cobro igual e se logran as reividincacións os meus compañeiros, eu benefíciome delas, para que vou entón ir a folga”. Esperemos que esta traballadora non faga o mesmo,  e aínda que sexa por detrás apoie aos traballadores.

3 comentarios:

Unknown dixo...

Como trabajador de la piscina me resulta una falta de respeto ir a lo personal contra mi compañera de trabajo, aun por encima de que esta sin cobrar y trabajando tener que aguantar estos ataques, creo que estas mezclando la velocidad con el tocino. Para mas información mi madre es ama de casa y mi padre marinero y yo tampoco salgo en la foto. Un saludo y gracias por el resto de las publicaciones

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Con todos os respectos Guille, non sei onde ves ti o ataque persoal a traballadora en cuestión, so nos limitamos a plasmar un feito, cando menos curioso (ou é incerto que hai unha traballadora que filla dun alto cargo do PP de Cambados), e mais dicimos: "casualmente non sae en ningunha das fotografías nas que vemos aos traballadores, O CAL NON QUERE DECIR QUE NON ASUMA AS SÚAS REIVIDINCACIÓNS.".
Este blog sempre se destinguieu pola denfesa a ultranza dos traballadores da piscina, si decir que un dos seus traballadores e filla de un alto cargo do PP é un ataque personal, entón apaga e vamonos. Home se puxera, por exemplo, que está enchufada na piscina, pois poderia ser un ataque personal, pero non é caso. Saudos.

MANUEL dixo...

Facer instalacións nun pobo e que as xestione "Deus" é moi propio daqueles que colganse medallas cos cartos de todos pero que o traballo ou "o marrón" como dirían algúns , que o coman outros. En este desaguisado falla o Concello, e eu súmome o que dí "a ti meu Cambados", cando os problemas son de todos, son TODO@S os que teñen que dar a cara e sair nos medios e facer presión, chamar as cousas polo seu nome, pero facelo TOD@S. O noso alcaide ten outras prioridades por riba dos EMPREGOS e da calidade de vida dos veciños, parece que non lle importa que estando sumidos nos recortes medicos, algunhas persoas teñen a piscina como ÚNICO medio de coidado paliativo das súas doenzas. O noso Alcaide non valora o deporte como a mellor alternativa para sair da DROGODEPENDENCIA, o noso Alcaide non vé mais aló das festas e dos votos, como moitos dos políticos os que temos que derrotar, a calidade de vida, o ocio e o benestar son sinónimo de felicidade SANA. LUIS, deixa de mirar polos teus e mira por TOD@S, mellor che irá como alcaide e mellor lle irá a Cambados.