23 de xul. de 2014

O CONCELLO DE CAMBADOS PROGRAMA A ACTUACIÓN DUN PIANISTA DE MURCIA NO DÍA DA PATRIA GALEGA

NON SOBRAN ARTISTAS NA NOSA TERRA PARA DAR UN CONCERTO NUN DIA TAN SINALADO PARA OS GALEGOS
O vindeiro venres dia da Patria Galega o concello de Cambados non se lle ocorre outra cousa que programar a
actuación dun pianista murciano no día da Patria Galega. Xa todos sabemos do desprezo de Luís Aragunde pola música da nosa terra,  xa o dicía o outro día nun artigo moi bo o mestre Xaquín Xesteira
De todos xeitos os que queirades acudir, porque o final o pianista non ten culpa das parvadas que comete Luís Aragunde, o concerto será as 21 horas no patio de armas do Pazo de
Fefiñans. As persoas que queiran acudir ao concerto deben de retirar a invitación no concello ou na biblioteca municipal.
Juan Miguel Murani (Totana, Murcia, 1966) estudou no Conservatorio de Murcia ata que unha beca permitiulle estudar durante sete
anos no Conservatorio Chaikowski de Moscú coa discípula de Neuhaus, Margarita Fedorova. ofreceu concertos e participou en festivais de toda España, Rusia, Francia e Inglaterra. En Múnich ofrecerá obras de Albéniz, Debussy e Mussorgsky, así como a ´Fantasía Bética´ de Falla, escrita para Arturo Rubinstein, que dá nome á sala.

Ningún comentario: