23 de xul. de 2014

POR TI XOÁN, IRIA A ESE MITIN DO BNG

Leo hoxe na prensa, que en tantas veces denomino do réxime,  que onte Xoán Antonio Pillado nun acto que o BNG celebrou no paseo da Calzada recibiu un agarimoso homenaxe e recoñecemento durante a festa comarcal do BNG no día da Patria  Galega. Xoán, segundo conta a prensa  non esperaba tal recoñecemento e
non puido e non fixo outra cousa mais que agradecelo, os seu compañeiros
recoñecían a sí a súa labor como alcalde coas súas verbas e os seus aplausos. 
Sabedes que non piso un acto do BNG dende a miña marcha desta fronte por
motivos obvios, nin  volverei a pisar un acto organizado polo BNG  na miña vida por tamén motivos obvios (agás cambien moitas cousas,  e precisamente a mobilidade non é unha característica desta fronte). Para os "listillos" de quenda, efectivamente o outro día estiven nun acto que organizaba o BNG pero tamén o organiza o sindicato no que eu milito a CIG, e non era outro
que protestar porque os xulgados quedaran en Cambados. 
Para este pequeno recoñecemento non é para dicir porque quedei aborrecido do BNG e o BNG de min, isto pequeno artigo e  para recoñecer a unha persoa a cal admiro tanto persoalmente como político e  para dicir tamén que si sei que se lle facia esa homenaxe a Xoan iria encantado, unha persoa íntegra e un político exemplar, para min o mellor alcalde de Cambados con diferencia, que por certo,  dito sexa de paso,  nunca foi
alcalde co BNG como algúns  poden pensar erroneamente, pois é sabido que no ano 1979 Xoán foi elixido nunha coalición que se chamaba “Unidade Galega” daquela o BNG tamén quitara un ou dous concelleiros, e despois  acudiu nunha agrupación de electores que se chamou “UNIÓN GALEGA” onde sacou maioría absoluta con once concelleiros,
tamén é ben certo que nesa candidatura estaba o xerme do BNG.  Xoán Antonio, nunca cobrou unha peseta do Concello de Cambados, pois el atendía a súa profesión de mestre que  conxeniaba moi ben co traballo como mestre, non como agora  fai o PP onde ten políticos profesionais como os impresentables de Luís Aragunde, Tourís ou Rosa Oubiña que fixeron da política a súa a profesión. Os de dereita só foron capaces de quitar da Alcaldía a Xoán mediante un golpe de estado do cal podedes ver os vídeos na columna da dereita neste mesmo blog. O que vos dicía, si sei que se ía homenaxear a Xoán acudiría gustoso a súa alocución porque él, que representa a vella garda do nacionalismo en Cambados sempre foi o meu norte na política.  Podía dicir moitas cousas boas de Xoán, pero sei que non lle gusta os "alagos",  pero que saibas que o me recoñecemento tivéchelo, telo e teralo. Unha Grande Aperta,  amigo Xoán.
XAQUIN CHARLIN "CHON"

Ningún comentario: