23 de xul. de 2014

FATIMA ABAL UNHA DURA COMPETENCIA PARA LUIS ARAGUNDE

PROCLAMADA OFICIALMENTE POLO PSOE CANDIDATA A ALCALDIA DE CAMBADOS 
A rolda de prensa celebrada hoxe na sede do PSOE  foi para informarnos que onte a Asamblea da Agrupación Socialista de
Cambados, composta por todos os militantes do PSOE, acordou (por unanimidade) proclamar candidata a Alcaldía
de Cambados a FATIMA ABAL  cara as próximas eleccións municipais maio de 2015.
Ademáis, a executiva local foi modificada, quedando formada da seguinte maneira:
Secretaria Xeral: Fátima Abal
Secretario de Organización e Administración: Miguel Pérez
Secretaria de Cultura e Educación: Milagros Martínez
Secretario de Política Municipal: José Fontenla
Secretario de Deportes: Dionisio Muñiz
Secretario de Comunicación e N.Tecnoloxías: Ismael Agra
Secretaria de Muller, Igualdade e Servizos Sociais e
Movementos Sociais e Formación: Regina Núñez
Secretario de Medioambiente: Alfonso Agra
GRAZAS A DOMINGO TABUYO E RAFAEL BLANCO.
No súa alocución a prensa, e que reproducimos íntegramente Fatima non se esqueceu dos seus dous mestres Domingo Tabuyo e Rafael Blanco e dixo: 
“"Quero que as miñas primeiras palabras sexan para agradecer a os compañeiros e compañeiras a súa confianza. 
Primeiro como Concelleira, despois como Secretaria Xeral e Voceira no Concello, por certo nunhas circunstancias moi difíciles e tristes para o noso partido, dende aquí gustaríame
agradecer o seu traballo a Domigo Tabuyo, e tamen a Rafael Blanco, o noso Rafa, o meu amigo e mestre, e espero que o camiño que hoxe comenzo culmine o seu soño de cambio no noso Concello.
Palabras de agradecemento, sí, pero tamén, palabras de responsabilidade, o PSOE ten mais de 130 anos de historia, o partido da igualdade e do Estado do Benestar, o partido dos dereitos laborais e dos dereitos civís, o partido en definitiva que transformou o noso país, e comenzou a facelo dende os concellos.
Como socialista sinto responsabilidade de encabezar o
proxecto de cambio dun partido xoven e centenario, e como cambadesa sinto unha inmensa honra de ser a primeira muller que vai ser candidata a Alcaldía do noso Concello. 
Presento a miña candidatura por moitos motivos, creo que
Cambados necesita un cambio nas formas de facer política, creo nun Concello mais aberto e transparente, creo que cambadeses e cambadesas necesitan saber en tempo real en que gasta o Concello os seus cartos. 
Pero sobre todo teño 1.614 motivos, que son os veciños e veciñas que están sufrindo a consecuencia mais dramática
da crise, o paro. 
Preocúpanme as 753 mulleres e os 131 xoves sen emprego, pero tamen me preocupan, e moito 619 cambadeses e cambadesas maiores de 45 anos que non atopan traballo. 
Esa vai ser a miña primeira prioridade o emprego. Porque creo que dende o Concello pódense facer moitas cousas por axudar a os nosos veciños.
Cambados ten unha enorme potencialidade: cultural, turística, mariñeira e rural…. E temos que aproveitar estas cualidades que ten a nosa vila, fan de Cambados un lugar privilexiado, pero tamén teñen que ser as ferramentas para saír da crise, xerar emprego e axudar
as familias.
O meu obxetivo e o meu compromiso é propoñer a os veciños e veciñas un Programa de “Emprego para todos” impulsado dende o Concello. 
Non quero xóvenes que emigren pola
falta de oportunidades, non quero emprendedores que se frustren por non poder levar adiante as súas ideas, non quero comerciantes, empresarios e autónomos, que vexan imposible crear postos de traballo. 
E sobre todo non quero mulleres que teñan que elexir entre ser nais ou coidar dos seus familiares e poder ter unha
carreira e experiencia profesional. 
Por iso quero impulsar xunto a este gran plan de “Emprego para todos” unha reforma dos servicios públicos municipais, para poñer en valor o gran traballo dos empregados do Concello e para axudar ás familias cambadesas. 
Cambados sempre deu moitos votos a o PP, e o PP desaproveitou outros catro anos no Concello, cando falabamos de educación, o PP falaba do bipartito, cando falabamos de sanidade ou pensións, o PP falaba de Zapatero, cando propoñemos melloras, o PP fala da herencia recibida.
Eu, a diferencia do PP, como candidata non vou adicar o meu tempo a buscar culpables ou responsabilidades, vou a
traballar para atopar solucións a os problemas dos meus veciños e veciñas. 
Non vou a elaborar un Programa Electoral, os socialistas de Cambados imos traballar dende hoxe nun programa de goberno realista e crible para facer unha unión cos cambadeses unha unión para saír da crise, crecer e xerar emprego para todos e apoiar as familias, unha unión para facer política aberta e participativa, para ter un Concello transparente e 24 horas a o servizo dos veciños, e
para ter unha Alcaldesa e un equipo de goberno que deixen a crispación e o enfrontamento e estén ó pé de rúa atopando solucións.
Dende hoxe, e como fixen nos dous anos anteriores, vou percorrer Cambados, falar con todos os veciños e veciñas, xóvenes, mulleres, traballadores, asociacións, colectivos e entidades, vou estar cos empregados
municipais, en definitiva dende hoxe vou dar o mellor de min mesma para cambiar o noso Concello, quero que a política de Cambados deixe de contar veciños e logre que os veciños conten. 
Moitas gracias.""  
PRIMEIRO ACTO OFICIAL DA CANDIDATA HOXE EN EXPOSALNÉS
O seu primeiror acto como candidata será hoxe, en Exposalnés ás 21.00 horas. O motivo será a creación dunha Plataforma en defensa do Partido xudicial de Cambados, a ela están invitados os representantes dos traballadores do xulgado, os procuradores, avogados, representantes socialistas dos municipios pertencentes ó Partido xudicial de Cambados e os portavoces do BNG e do PP, para que de forma unánime se apoie o mantemento do noso xulgado.

Ningún comentario: