22 de xul. de 2014

MENTRES ARAGUNDE E OS SEUS INÚTILES ASESORES PERSOAIS COBRAN PUNTUALMENTE A FIN DE MES, OS TRABALLADORES DA PISCINA VEN QUE PASA OUTRO MES, E SEN COBRAR

CENTOS DE SINATURAS ENTREGARON ONTE NO CONCELLO DE SOLIDARIEDADE CON ELES.
Está claro que o asunto da piscina ten un só culpable e ese non e outro que Luís Aragunde, o que lle está a pasar aos traballadores da piscina de Cambados é o ignominia.
Mentres o noso alcalde e os seus inútiles asesores cobran a fin de mes cantidades desorbitantes para o que fan, os traballadores da piscina de Cambados ven  impotentes como se achega outra final de meses e sen cobrar e xa vai ser o terceiro. Hoxe presentaron no concello de Cambados o apoio e solidariedade de centos de veciños da nosa vila que desta vez non lle tiveron medo a Luís Aragunde e asinaron en apoio a este  colectivo maltratado
laboralmente polo noso Alcalde. Nin que dicir ten que o Alcalde fai "mutis" polo forro a petición dos traballadores de que  o Concello se faga cargo da piscina. Sabede traballadores da piscina que si  se fai cargo da mesma como lle vai pagar os seus asesores persoais que fan que fan algo e non fan nada, como se lle vai pagar a un arqueólogo que  está pero non está, a un arquitecto que non sabemos que fai pero que cobrar horas extras, a un gabinete de prensa con dous empregados (como se fora necesario un gabinete de prensa no concello
de Cambados), a un secretario "personalísimo" que ninguén sabe o que fai, etc.
Os traballadores din que hai reformas urxentes que facer na piscina, por certo prometidas corenta veces e promulgadas pola prensa do réxime.
Os traballadores din que “a administración deixará de pagar o 100% da luz para asumir só o 50.”
Os traballadores din  que "Cada ano este concello gasta 100.000 euros en enerxía para compensar o mal
funcionamento da cuberta da piscina. Queira  o alcalde ou non, estas instalacións necesitan un arranxo urxente".
Os traballadores din que non so están prexudicados xente de Cambados, senón tamén sente da Illa, Vilanova de Arousa, Ribadumia etc. 
Os traballadores din que "o vaso da piscina está sucio, porque debe limparse cada ano e a empresa non o fai".
Os traballadores din que "ten débedas non só con nós, senón tamén cos traballadores das piscinas de Padrón, O Porriño, Monforte, Ourense ou Laracha. Nada nos fai pensar que a situación mellorará e cobraremos o mes que vén".
Os traballadores din que "si a concesión sae a concurso, é moi probable que quede deserto, porque ningunha empresa quererá asumir a débeda que deixa a anterior responsable do servizo e menos cando as condicións que propoñerá o Concello van ser peores".
Os traballadores din que "a empresa entrará en concurso de acredores dun momento a outro".
E o peor de todo e mais humillante, os traballadores din que "do Concello nós non sabemos nada, malia que no seu día o alcalde díxonos que nos mantería informados". O que nos ven a confirmar novamente que o noso Alcalde é un trampón.
FOTOS:  GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario: