22 de xul. de 2014

OUTRA “ INVASIÓN” DE GONZALO DURAN EN CAMBADOS

ESTA VEZ A GUERRA E COS TAXISTAS E NON CON LUÍS ARAGUNDE. UN MICROBÚS DO CONCELLO DE VILANOVA FAI INTRUSISMO EN PLENA RÚA DE CAMBADOS.
Que Gonzalo Durán fai o que lle peta en Vilanova, e un feito que todos os vilanoveses e non vilanoseses sabemos dende fai anos, para iso
precisamente o votan masivamente en cada comicio municipal. Gonzalo Duràn respecta a moi pouca xente, porque cree que dentro do PP ten todo o poder, e non debe estar moi errado porque pon e quita directores xerais a seu antollo aí está o caso do "hermanísimo". 
Pero esta vez Gonzálo Durán non se enfrontou o ínclito de Luisiño de quen dixo unha vez vez que había que queimar na festa do Momo, non,  está vez,  a guerra é co colectivos de taxistas de Cambados quen ao
parecer están mais queimados coa pipa dun indio con isto do instrusismo, por certo,  unha labor na que ten moito que ver o alcalde Luís Aragunde, que é precisamente mediante a Policía local quen ten que vixíalla a través de denuncias dos propios taxistas. Dito isto,  o incidente tivo o seu máximo punto de combustión cando un microbús do Concello de Vilanova, descargaba un grupo de persoas na Rúa San Francisco en pleno centro da nosa vila. A explicación que deu o  ínclito Alcalde de Vilanova foi “que tendo un microbús o concello, como van gastar cartos en taxis”. 
Os taxistas de Cambados, enormemente indignados, con toda a razón do mundo,  non descartan acudir a xustiza para
denunciar feitos como este. O mais grave de todo isto foi a "caradura" que lle botou Gonzalo Durán dicindo: “Paréceme mal que sufran intrusísimo, isto en Vilanova vixiámolo”. E de morrer de risa,  que chistoso é o Alcalde de Vilanova, ou sexa que en Vilanova vixiádelo e en Cambados practicádelo, moito morro lle bota o asunto Gonzalo Durán.
Agora tamén dicir que os taxistas de Cambados teñen un alcalde  que ten que defendelos e facer  actuar a policía local en casos como este, e deixarse de andar de festa en festa, e de procesión en procesión, pois todos os colectivos están a pasar moi mala situación e mais o dos taxistas que practicamente só gañan un peso no verán, pois os invernos en Cambados son moi longos e moi duros, sobre todo para este colectivo.
FOTOS: GOOGLE IMAXES

Ningún comentario: