21 de xul. de 2014

DERRUBASE A TEITO DO “FABRIQUIN”, A SEGUNDA SEDE DE CONSERVAS PEÑA NO BREXO

JOSE PEÑA FOI UN CAMBADÉS QUE DA NADA LEVANTOU UN IMPERIO, UN IMPERIO QUE OUTROS LEVARON A NADA.
Na noite do 18 ao 19 de xullo  derrubouse por completo o teito do alpendre onde xerminou o sector da conserva en Cambados, e que se  denominou o “Fabriquin”.
José Peña Oubiña foi o fundador da coñecida empresa Conservas Peña. Segundo conta o historiador cambadés Jacobo Domínguez, os seus comezos como conserveiro, nos anos 20, foron moi modestos, pois contaba cun único
carro co que compraba peixe e marisco para Alfageme. Co que lle sobraba empezou a producir os seus propias conservas e, en 1931, construíu un pequeno galpón na parroquia de Castrelo. A finais da década dos 30 trasladouse a vivir a Ou Brexo e alí instalou tamén unha pequena conserveira, que foi bautizada como “o fabriquín” (a agora se derrubou). Dez anos despois, comezou os trámites para edificar unha nave máis ampla, situada á beira do mar.
A nova planta, que hoxe acolle o salón de exposicións de Cambados, foi construída sobre terreos de Obras Públicas aproveitando unha parcela de 3.600 metros cadrados. Queríase tamén construír un pequeno peirao auxiliar, que nunca chegou a ser unha realidade. Tras máis de cinco anos de trámites, a nova factoría comezou a
José Peña, o primeiro pola dereita.
traballar en 1948. O edificio constaba de dúas naves e, no extremo noroeste, proxectouse unha vivenda para o encargado que nunca chegou a ocuparse, pois se utilizou sempre de almacén. Nos anos 60, esta factoría rexistrou un notablemente crecemento na súa actividade e ata se instalou nova maquinaria. Trinta

anos despois, perdeu toda a súa actividade produtiva, que se trasladou a Vilaxoán. Nese mesmo decenio pechou as súas portas e caeu no abandono.
Non é por alarmar a ninguén, pero a mesma sorte, se non se tomen medidas ben pola familia, ou ben polas autoridades,  pode correr a casa matriz da familia que está contigua ao fabriquin, e que en principio xa ten apuntalado o seu balcón exterior.

Ningún comentario: