21 de xul. de 2014

O MAI S BONITO DA FESTA DA VIEIRA: A DESPEDIDA DE BENITO GONZÁLEZ DA CONFRARIA

AS  VIEIRAS ESTREARON O DISTINTIVO DE FESTA DE INTERESE AUTONÓMICO EN CAMBADOS
Cociñeiros de varios restaurantes de Cambados como son o Pandemonium, o Taberna do Trasno e o Ribadomar
prepararon sen descanso as porcións de vieira con diferentes estilos para que os visitantes que se achegaron ata a carpa do Paseo da Calzada poideran probar o molusco gratinado con queixo, con arroz, ao forno, en guiso ou na
sempre exquisita empanada.
A Festa da Vieira celebraba a súa décimo terceira edición presumindo do distintivo de Festa de Interese Autonómico por primeira vez. Este evento é organizado polo Concello e pola confraría de Cambados coa colaboración de Porto de
Cambados, Guimatur e Zona Centro.
O obxectivo era poñer en valor este produto fundamental para a actividade portuaria da vila. Durante estas xornadas, a ración de dúas vieiras conta cun prezo de 8 euros (bastante
caro a o noso entender para o prezo que lle pagan aos mariñeiros) e, a pesar da chuvia durante a fin de semana, a presenza de público foi  notable e a organización di que se venderon preto das  8.000 vieiras previstas para esta edición.
O mais bonito  do evento foi sen dúbida que Benito González no volve a organizar, afortunadamente, agora o concello tendrá que entederse cos integrantes da candidatura de rexenaración democrátiva, a ver si lle pegan algo de “democracia “ ao concello de Cambados e o seu rexidor
FONTE E FOTOS PONTEVEDRA VIVA





Ningún comentario: