9 de xul. de 2014

O GRUPO VILAGARCIÁ 7 SETENTA EN CAMBADOS

ESTARÁ O SÁBADO DOCE  DE XULLO AS DÚAS DA MADRUGADA
 O vindeiro sábado sobre as dúas da madrugada poderemos ver en concerto ao grupo Vilagarcia “7 Setenta”,
NADAL
concretamente no Pub Pilón de Cambados, este rupo de rock que nace en febreiro de 1997 en Vilagarcía de Arousa. Actualmente a banda consta de dez compoñentes interpretando un amplo repertorio, música dos 60,70,80 e sobre todo que a entrada é gratuíta.
Historia do Grupo - 
7 Setenta nace como grupo, en febreiro de 1997 en Vilagarcía de Arousa, cando un grupo de amigos e amantes da música dos setenta decidiron unirse para recrear os temas lexendarios daquela época.
A formación orixinal estaba formada por sete compoñentes (de aí o noso nome) que formaran parte de diversas bandas na década dos setenta.
A primeira actuación foi no verán dese mesmo ano, actuando como teloneiros de Rodrigo, Adolfo e Guzmán (representantes de España no Festival de Eurovisión nos anos 80), e obtendo un gran éxito de público e crítica. 
A partir dese momento sucedéronse as actuacións, sobre todo na zona do Salnés e do Barbanza.
Durante os seguintes anos, ademais da grabación do seu primeiro CD en “LA NEVARA” e das actuacións nas diferentes poboacións mencionadas, realizaron innumerables concertos en distintos Pubs e
Discotecas ademais de en festas patronais e outros eventos por toda Galicia, compartindo escenario con grupos de renombre como Os Módulos, M Clan ou Presuntos Implicados. 
Mención especial merece a actuación
do verán do 2008 nas festas patronais de Vilagarcía cando realizaron, xunto coa Banda Municipal, un concerto monográfico de PINK FLOYD. 
En febreiro de 2006 celebraron o décimo aniversario da formación do grupo no pub Sama Sama de Vilagarcía, concerto en que se
integraron voces femininas. Estas compoñentes do grupo (profesoras as tres), pertenceran a un grupo de música coral e reencontráronse tras algúns anos cando as chamaron para integrarse na formación, o que lles
permitiu ampliar o repertorio incluíndo temas de voces femininas, aportando máis variedade interpretativa nos concertos que ofrecen.
Actualmente a banda consta de dez compoñentes interpretando un amplo repertorio composto de versións de músicos como Pink Floyd, Eric Clapton, Deep Purple,
Rosendo, M Clan, Luz Casal, Bon Jovi, Rolling Stones, Beatles.
COMPOÑENTES: 
Vocalista- Perico
Coros- Patty, Anna e Elena
Baixo- Ernesto
Guitarra- Manolín
Batería- Javier
Teclados 1- Alberto
Teclados 2- Xurxo
Guitarra solista 1- Nadal
Guitarra solista 2- Pablo

Ningún comentario: