9 de xul. de 2014

QUE INTERESES ESCUROS HAI EN PUBLICAR NUN MEDIO NOVAS COMA ESTA:

"A XUNTA SANCIONA A UNHA PAXARERÍA DE CAMBADOS QUE MOLESTA AOS VECIÑOS"
Fai uns días un medio de comunicación publicaba esta nova : “A XUNTA SANCIONA A UNHA PAXARERÍA DE CAMBADOS QUE MOLESTA AOS VECIÑOS.” Non imos entrar no fondo do asunto,  é dicir se a sanción é xusta ou
inxusta, para iso están as autoridades competentes, é mais,  é tan subxectivo que molesta ou non esa negocio que consultamos a varios veciños que viven mesmo ao lado (algún incluso líndante co negocio en cuestión)
manifestáronos que non lle molesta nin o mais mínimo e por suposto non participaron na denuncia. O  que si nos parece  cando menos misterioso é que  se publica a sanción a un negocio no que casualmente  preto viven persoas que traballan no citado medio.  Dende logo a publicidade que se lle fai ao negocio en cuestión é
totalmente negativa, parece que hai unha  intención escura. Deste negocio vive unha familia cos seus fillos e comen del. Sabedes cantos multas se meten  o ano en Cambados a diversos negocios? CENTOS, quizais MILES . Porque ningún sae na prensa? , discotecas que fan ruído os veciños todos os fins de semán,
empresas que contaminan, talleres que fan ruído, empresas con malos cheiros, pubs que cerran a deshoras con música discotequeira etc. Porque parece que hai ese interese en  desacreditar  a unha familia economicamente con esta publicidade tan negativa. Para mirar pola saúde dos veciños está o concello   é a Consellería correspondente, se
non saben facer o seu traballo é a quen realmente teñen que criticar estes medios (normalmente fan todo o contrario), porque estamos a falar  de organismos públicos que en teoría non saben facer o seu traballo. 
Logo no mesmo medio dinse unha
seria de cousas que nos gustaría saber como o medio en cuestión tivo acceso as mesmas, por exemplo:
1.- “Segundo o informe redactado polo técnico veterinario da consellería, o establecemento «presenta un aspecto…”- 
Quen lle facilitou a este medio a acta de inspección se non
é pública.
2.- “Esta inspección realizouse o pasado 15 de maio e só puido executarse no recinto da tenda xa que a propiedade non lle permitiu o acceso á
horta traseira…”. 
Acaso estaba alguén do medio de prensa alí para que vira o como dono do negocio non deixaba entrar na eira o inspector.
3.- “…non foi posible contactar co propietario do negocio para coñecer a súa versión dos feitos.” 
Permítasenos que dubidemos desta
afirmación,   as nosas novas foi que non se chegaron a poñer nunca en contacto con él.
4.- “O Concello, pola súa banda, informou onte de que acaba de dar orde á Policía Local para que se presente na paxarería para que
inspeccione a horta á que non puido acceder o técnico de Medio Ambiente e que levanten acta do que alí se atopen. A alcaldía actúa agora a instancias da propia consellería pois ata a data, explican, non tiñan instrumentos legais para facelo.” 
A isto só dicir “JA, JA , JA”. Un medio presuntamente tan serio ten que estar a orde da normativa dos concellos en sanidade pública e non facer caso o que diga o xefe de prensa do concello. O concello deu a licencia de apertura, o concello pode quitala.
A noticia ilustra unha foto sacada dende o edificio onde está o “Dia de Santome”. Por certo a Paxareria en cuestión leva alí mais de vinte e cinco  anos, o edificio do “Dia” bastante menos..
Non sei que pensaredes vos, dende logo a nos parécenos iso: escuro, moi escuro,  ainda que teña razón a xunta.


Ningún comentario: