9 de xul. de 2014

O PUB RIF ROCK CELEBRA O SEU 15º ANIVARSARIO

CON DOUS CONCERTOS O VENRES 11 E O SÁBADO 12 DE XULLO.
En xullo cumpren 15 anos os de Rif-Rock!! E aquí tedes o programa especial que vos teñen preparado para celebralo.
Venres 11 Xullo 
NORTHERN LIGHTS en concerto dende as 23:30h. + sesións de KURCO & MARINOCHA!!
Sábado 12 Xullo 
BREAKIN' BONES en concerto dende as 23:30h. + sesión de MICHI CALAMBRES!!.
A comezos de xullo do 2014 o Rif-Rock cumpre 15 anos, dende aquel 1999 que abriron as portas. Para celebralo con todos vós, esto é o que vos teñen preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana, o Venres 11 e o Sábado 12 de Xullo, coma sempre con varias propostas de música en directo e as súas correspondentes sesións.
15º ANIVERSARIO do RIF-ROCK!!
O Venres 11 presentanos en directo ós NORTHERN LIGHTS. Unha nova banda surxida da banda de surf 4 Waves, cunha nova proposta, cun formato de dúo acústico, e que se lanzan a facer os seus propios temas. Non vos perdades a súa estrea mundial.
E despois co concerto terán ós dous máis habituais na sua cabina: Marinocha & Kurco SoundSystem!! Non sei que máis lle podedes pedir a un venres!!
E o Sábado 12, noite por todo o alto, coa mellor banda de psychobilly do pais. Volven ós BREAKIN' BONES ó Rif-Rock!! Parao Rif  é todo un luxo que unha das suas bandas favoritas estén nesta data tan sinalada. Si xa os coñecedes repetides seguro, e se vos falaron do seu show, seguro que non vo-lo perdedes. 
Para redondear a noite o seu gurú Michi Calambres tomará os mandos da súa cabina, para outra das súas espectaculares sesións. 
Non vo-lo perdades! Promete ser un fin de semana bestial!!

Ningún comentario: