29 de xul. de 2014

PREVISTA UNHA MANIFESTACIÓN PARA O DIA DA INAUGURACIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO

OS EMPREGADOS DA PISCINA CHAMAN A CIDADANÍA A CONCENTRARSE DIANTE DO CONCELLO O MÉRCORES 30 DE XULLO EN REIVINDICACIÓN DOS SEUS DEREITOS,  AS 12.30 HORAS.
Outra vez, e xa é a segunda nunha festa do Albariño que un colectivo está a preparar unha manifestación na inauguración da Festa por excelencia de Cambados. A anterior fora convocada pola famosa páxina cambadesa  www.cambados.tk dirixida polo non menos famoso activista cambadés Oscar Pardo, actualmente nas Americas. Desta
vez os protagonistas da concentración van a ser os traballadores da piscina de Cambados, que están a mobilizar  tanto a usuarios como cidadáns a través de mensaxes de móbiles como de Whatsapp para que nos concentremos diante do concello o vindeiro mércores 30 de xullo ás 12.30 horas diante do Concello de Cambados. Todos que seguides esta bitácora xa sabedes como está o tema dos empregados da piscina en Cambados, levan tres meses sen cobrar e con visos de
seguir neste dinámica, pedíronlle ao Alcalde Luís Aragunde que o Concello asumirá a xestión da piscina e Luisiño, pouco menos que os mandou a “fritir espárragos” por dicilo dunha forma mais o menos educada.  Todos deberiamos apoiar está concentración destes traballadores da piscina que pese a levar tres meses sen cobrar están a desenrolar o seu traballo dun xeito exemplar, e hora de que nos apoiemos as súas reivindicacións.  Non seria mala idea comparecer na concentración con bañador , gorro de piscina e gafas para nadar, seria un "puntazo".

Ningún comentario: