29 de xul. de 2014

OPINION: CAMBADOS CAPITAL DO ALBARIÑO.

UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA.
Estes días nas redes sociais estamos a ver certa polémica, pola
instalación dun cartel na rotonda de Vilariño, que da a benvida os visitantes, con un "CAMBADOS CAPITAL DO ALBARIÑO".
Dende sempre Cambados foi e será o centro neuralxico dun
sector afincado na comarca do Salnes, que celabra a cincuenta e duas edicción da festa do príncipe dos viños brancos.
A capital, é unha cidade ou vila que ten preeminencia nun campo social, económico, ou cultural, e Cambados ten recoñocido ese titulo dende tempos atrás.
Agora ben, esta etiqueta non se gaña da noite para o dia, e
as autoridades locaís deben influir para que a vila sexa recoñocida como tal no mundo enteiro. Este recoñecemento non consiste evidentemente na instalación dun cartel a entrada da vila que se autoproclame "capital do albariño".
Teñen que visualizarse políticas activas encamiñadas na conquista desta etiqueta, e iso pasa pola loita na defensa de Cambados como sede do Consello Regulador, na defensa de políticas a prol dos miles de viticultores cunha concellería especifica sobre horta e viticultura, dende o concello deben aglutinar conferencias, charlas,simposios e outros, actos que fagan da vila un referente obrigado.
Debemos facer una festa do viño albariño, deixando o marxen as comilonas partidistas e interesadas de persoas que nada teñen que ver co sector, o viño e os viticultores teñen que ser o centro de promoción, deixando a Julio Iglesias o seu" cantar a Galicia", do que nunca se soubo se bebe viño.
En definitiva o cartel e o seu autor, non deben distraernos no fondo da cuestión, pois penso que a verdadeira carallada e saber que o noso concello pouco fai por sacar rentabilidade e beneficio para os seus conveciños de semellantes gastos que non será pouco.
UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA.

Ningún comentario: