28 de xul. de 2014

OS DONOS DOS CHIRINGUITOS DO ALBARIÑO ENFRÓNTANSE AO CONCELLO

UN EMPREGADO OU ENVIADO TIVO QUE CALMALOS COMO PUIDO.
Hoxe a tarde houbo un incidente entre un empregado ou enviado polo Concello de Cambados quen  tivo unha acalorada discusión cos donos do chiringuitos
que veñen para instalarse para a Festa do Albariño. Entre os berros puidéronse escoitar, polas testemuñas presentes,  airadas protestas  dos mesmos contra do Concello de Cambados, a quen criticaban porque non era o Concello o que xestionaba todo. O empregado ou enviado polo concello era o da camiseta verde, que enseguida comezou a facer chamadas telefónicas para aplacar os ánimos dos alí congregados que subían de ton. A cousa ao parecer non foi a maiores, pero ide a saber vos as condicións que le prezos que lle puxeron este ano, haberá que pagar dalgún xeito o cartel da  "Capital do Albariño".


Ningún comentario: