28 de xul. de 2014

OPINIÓN: "CAPITAL DO PROVINCIANISMO EN CRISE."

UN ARTIGO DE XAN GALBÁN
Vou ser eu quen faga louvanzas
das cousas boas que fixo o PP dende o ano 87 do século pasado até o de hoxe que "habelas hailas? deso afánanse os
medios de comunicación todos os dias que de seguires así-e coa crise do sector agudizada pola libre Internet-van pasar do nomeado"cuarto poder"ao decimo terceiro na escala...dos terremotos. Gostamos os de Cambados de sermos vila en contraposición a
Vilagarcía o seu nome dío pero prefiren o de Cidade, nunca tal se veu-Madrid vila e vila cidade-, para logo se autodenominar "perla de Arousa", o localismo non sabe de cancelas. O Grove presume de capital do Marisco nun mes que non che hai demasiado marisco polas vedas alongadas por tardías mareas
bermellas mercando producto conxelado cando non foraneo. Ribadumia quer presumir dun tinto que nin é viño e por iso dis-tinto,mentras Vilanova que o ten todo non presume de nada agás de Valle-
Inclán que por rebeldía anarquista foi nacer no medio da ría. A Arousa é o Concello mais novo do val descoñecéndolle apropiacións comarcais mais se teñen algo único é o areoso-pedregoso,tempo ao tempo. Eis o localismo
comarcal do que debería funcionar coma algo conxunto alomenos nas institucións do Estado que nos demos todos deixando para o humor do antroido ou a camarilla dos amigos as gracias retranqueiras locais do que os Cambadeses somos verdadeiros afeizoados. E vai en plena crise cos graves problemas de paro na comarca, co aumento do furtivismo,coma consecuencia, con xente aumentando en Cáritas con problemas de escasez de alimentos, cos labregos sen cobrar das Adegas o viño do ano anterior, á Corporación de Cambados dáselle por pór un decorativo anuncio de metal co oscurantismo das cifras de sempre que ven a dicir que somos a capital do Albariño, claro por que sabemos que a capital da Denominación de Orixe pertence a Pontevedra, mentras que en Ribadavia está a do Ribeiro,mais debe ser que eu tamén son localista soio que non me gasto o diñeiro dos contribuíntes. Esto debe cambiar xa.
UN ARTIGO DE XAN GALBAN


Ningún comentario: