28 de xul. de 2014

LUCAS MIGUEZ, EN "NÓMINA" NA DEPUTACIÓN DE LOUZÁN

A AUTOR DA ESTATUA DE FRAGA INAUGURA A SÚA TERCEIRA OBRA EN CAMBADOS, TEN MAIS OBRAS QUE FRANCISCO LEIRO NA NOSA VILA.
- Ola que tal
- Moi ben e ti, que fas por aquí.
- Pois nada,  veño a ver si me pagan a estatua de  Fraga.
- Ata logo.
Esta conversa tivo lugar fai  un tempo na porta do concello de Cambados, obviamente entre o escultor Lucas Miguez  e outra persoa que non imos nomear.
Non é cuestión aquí de falar da calidade persoal ou profesional do escultor  Lucas Miguez,  pero está en boca
de todo mundo e sobre todo nas redes sociais, nos non somos os  indicados para facelo.
O que si temos que dicir que este home só en Cambados ten mais obras que o mismisimo  Francisco Leiro, ten xa coa última,  tres obras, Cabanillas, Asorey e esta última. As redes sociais botaron lume sobre todo pola inauguración da ultima obra de Lucas Miguez en Cambados, por certo criticada moi
duramente por certas persoas nas redes. 
Criticamos duramente a colocación da estatua de Fraga é mais parécenos un atentado a democracia, xa esta onde está senón sabe Deus como estaría, por certo fai tempo que non aparece  pintada a estatua en cuestión, o que si nos desgustou  e que este home sabendo que fora o concello de Cambados o que lle encargou e pagou a estatua deixara correr rios de tinta, que si foran os viticultores, que se foran non sabemos quen, sabendo que o final foi o Concello, por certo don Manuel saíu moito mais delgado do que era en realidade.
O que si xa nos parece de chiste é que sexa o escultor da Deputación, e logo en toda a provincia de Pontevedra non hai mais escultores que este home. E logo en Cambados non temos escultores.
Non é que nos queiramos quitarlle traballo a este home, pero digo eu que tamén haberá que darlle traballo aos demais, pois aparte de Cambados, ten obras en Vilanova , O Grove etc, a maioría delas pagadas pola Deputación. 

Ningún comentario: