27 de xul. de 2014

OS MESMOS QUE DEIXARON MARCHAR A SEDE DO CONSELLO REGULADOR PARA PONTEVEDRA AGORA DENOMINAN A CAMBADOS CAPITAL DO ALBARIÑO

VERGOÑA LLE DEBERÍA DAR A LUÍS ARAGUNDE, LOUZÁN, E SOBRE TODO A TOURÍS POÑER ESTE CARTEL EN  CAMBADOS.
Vergoña lle debería dar sobre todo o impresentable de José Manuel Cores Tourís, ex alcalde de Cambados e agora
Delegado da Xunta en Pontevedra, posar detrás dun cartel onde pon “Cambados, capital do Albariño”, cando él foi o principal causante de que a Capital do Albariño sexa Pontevedra,
sede onde está o consello regulador  e non Cambados. No outro prato da balanza, é de xustiza dicilo estivo sempre o BNG que foi o que verdadeiramente puxo en apretos a José Manuel Cores Tourís, e non só o BNG, periodistas daquela mozos e valentes como
mostraremos mais adiante , viticultores, adegueiros, asociacións, estaban en contra da triste decisión do Partido Popular de levar a sede para Pontevedra.
O 23 de xuño pasado publicabamos neste mesmo blog porque Tourís
cedeu vilmente para que Marisol Bueno levara a sede da capital do albariño para Pontevedra e diciamos: 
“””Tourís como aquela famosa escena bíblica na que Esaú vendeu a Jacob a súa primoxenitura por un prato de lentellas, neste caso o impresentable do Caudillo de Oubiña
vendeu a sede do Consello Regulador de Cambados por unha  lexislatura mais como senador e así cando se xubile ter acceso a unha xugosa xubilación, o demais son contos chinos que na época tamén lle contaron o bo
de Ferreiro, pero  estamos seguros que o propio Ferreiro e todos cambadeses sabiamos a verdade,  o que pasa que Tourís ten moitísimo poder en Cambados e todo mundo lle ten medo, porque ademais tamén sabemos en Cambados que aparte de ser unha mala persoa e un “tio”
moi, pero moi vingativo.”””
Pero non eramos nos sós os que pensabamos así, e dando un pequeno repaso polas hemerotecas atopamos cousas como estas:
O 30 de Outubro de 1999 a Voz da
Galicia xa publicaba que Tourís non lle facía ascos a sede de Pontevedra.
O mozo , daquela periodista Fernando Salgado, publicaba na Voz de Galicia o o 3 de novembro do 1999  o seguinte: “Do alcalde de Cambados (daquela José Manuel Cores Tourís), non se podía esperar outra
postura. A Alfonso Guerra din  que aportou a historia da política a máxima de que “o que se mova non sae na foto”, pero non so atenden semellante advertencia os cargos do Partido Socialista. No partido Popular ocorre o mesmo: primeiro é o partido e despois o goberno municipal. A disciplina ante todo
e así ata eternidade. Xustificando o inxustificable José Manuel Cores Tourís,  cualificou de “incribles” As instalacións que disporá (o consello regulador) na parroquia de Salcedo (Pontevedra). "
O Faro de Vigo publicaba o 28/11/99: “O BNG acusa a Tourís de deixadez no conflito do Consello Regulador”
A voz de Galicia publicaba o 9 de Novembro de 1999:
“Tourís afirma que o pleno (do concello de Cambados) rexeitará a moción do BNG sobre a sede do Consello”..
Hernando Martinez Chantada ex director de Martin Codax, publicaba na
Voz de Galicia en Tribuna pública o 14 de novembro de 1999 entre outras cousas: “Calqueira persoa sabe que as decisións políticas que afectan as infraestruturas, e servizos dunha comarca inciden directamente nas súas posibilidades de desenvolvemento para o futuro”.
O 21 de novembro de 1999 Xoán Antonio Pillado publicaba un precioso artigo en Faro de Vigo no que entre outras cousas dicía: “A ninguén se lle ocorrería poñer as oficinas do Reitorado da Universidade de Santiago en Lalín”. 
A Voz de Galicia en fecha 30 de novembro de 1999 publicaba un titular que dicía: •”Ribadumia ofrece unha parcela para a sede do consello regulador do Albariño”, este era o titular pero  despois dicía Rafael Louzán que defendía a marcha da sede para Pontevedra.
O 26/12/99 publicábase na Voz de Galicia: “Casino Si,
Consello no”, nun pleno de Mancomunidade votábase para que o Casino quedara no Grove por unanimidade mentres que o PP votaba en contra que o Consello quedara en Cambados.
A asociación de viticultores “Rias Baixas” polas mesmas datas pedía na prensa que a Sede do Consello Regulador fora Cambados. 
Pero  unha das columnas que para nos se publicou sobre o
tema foi publicada na Voz de Galicia o 21 de Xaneiro do 2000, por unha daquela mozo periodista cambadesa, Maruxa Alfonso,  e dicía nese artigo:
…“Se o PP cumprira o que anunciou no seu programa electoral e reclamase a sede para Cambados, ningún dos concellos da comarca
protestaría.”…”Pero o do pleno do pasado xoves  foi a gota que colmou o vaso. Non só rexeitou (referíase ao PP e a Tourís) a moción do BNG, senón que presentou unha na que , tras acusar aos nacionalistas, prevé a posibilidade de apoiar a idea de Pontevedra”.
O Faro de Vigo publicaba o o 14 de abril do 2000: “Tourís
rexeita a solicitude do BNG de ofrecer unha sede para acoller Rias Baixas”.
O 10 de outubro de 2003 o Faro de Vigo publicaba que o presidente da Sociedade cultural  declaraba persoa non grata a Marisol Bueno.
O Faro de Vigo o 16 de outubro de 2003, publicaba :
“Louzán quere evitar unha crise no PP pola ubicación do Consello”.  A decisión estaba tomada e sede ía finalmente para Pontevedra.
O 17 de outubro de 2003 no Diario de Pontevedra, Fernando Salgo dicía nun artigo: “O alcalde, José Manuel Cores Tourís, aprobou a decisión con todas as letras e puxo por diante a disciplina de partido aos lexítimos e
históricos dereitos aos que apelaba facía dúas semanas”
O 24 de Outubro do 2003 o Faro de Vigo publicaba este titular: “Cores Tourís, da por perdida a sede central de rias Baixas."
E xa o Colmo dos colmos, no 2003 o Diario de Pontevedra publicaba: “O concello de Vilagarcía, reclama para Cambados a sede das rias Baixas.·
Con todo isto,  estes “caraduras”  Louzan, Aragunde e Tourís teñen a desvergoña de poñer este letreiro.













Ningún comentario: