5 de ago. de 2014

A FAMILIA FARIÑA ACAPARA OS PREMIOS DO ALBARIÑO DE BELEZA E ESTÉTICA

MANUEL E HADRIAN GAÑADORES NA FESTA DO BIGOTE E A SÚA NAI ROSA MARI  MIS RÚA ISABEL II
O domingo a noite tivo lugar no Pub Rif Rock de Cambados o VI Concurso de Bigotes 2014 festa que puxo remate ao
Albariño2014 por todo o alto.
Segundo contan as crónicas foi unha "festaza" tremenda! aínda que con moitas baixas de serios aspirantes despois dun duro domingo de festa, e demasiada pintura para o gusto do
xurado... 
O Rif Rock  dálle as grazas ao super crack Penkito por implicarse así, a Super R Jose Estevez polo show, e a todos os que se deixaron afeitar en directo, e por suposto a todos por ir e pasalo así de ben!! 
E por último parabéns ós premiados: Bigote Absoluto: Hadrian Fariña , Bigote Falso: Bullock Erre (aínda que non é da familia Fariña e moi amigo deles) , Mellor Disfraz: Manu Fariña e lembrade... xa falta menos para a 7ª edición...
Pero non quedaron aí os premios a Familia Fariña, pois a
súa nai Rosa Mari foi tamén nomeada Mis Rúa Isabel II que xa se está a converter nun tópica tamén na Festa do Albariño,  nunha dura elección na que o xurado o tivo bastante difícil.
Parabéns a familia Fariña.

Ningún comentario: