5 de ago. de 2014

PRESENTACIÓN DO LIBRO “CANTATA A RAMÓN CABANILLAS” ESCRITO EN XAPONÉS E GALEGO POR TAKEKAZU ASAKA

CUN ESPECTACULAR REMATE DUN CONCERTO A CARGO DA PIANISTA RIKA NISHIKAWA E A SOPRANO MIHO HAGA
Mañá mércores a iso das 21 horas horas terá lugar unha cerimoniosa e clásica presentación do libro do escritor
Takekazu Asaka
xaponés Takekazu Asaka, xa un vello coñecido de Cambados, do seu libro “Cantata a Cabanillas”, escrito en xaponés e en galego. O libro ademais conten un CD de excelente calidade musical cantado en galego pola citada soprano Miho Haga acompañada ao piano por Rika Nishjikawa dos poemas do noso egrexio escritor, así poderemos escoitar entre outros poemas  como “Camiño longo”,
Miho Haga e Rika Nishjikawa
“Meus irmáns”, “Foliada” etc. O acto vai ser no Auditorio da Xuventude e a entrada é totalmente ceibe. O libro  xa fora presentado en Tokio en novembro pasado subtitulado “Galiza corazón da alma”. A nova que estivo eclipsada un pouco pola Festa do Albariño e dun calado de suma importancia para nosa vila e para a nosa nación, pois nos tempos que corren de discriminación do noso idioma,  que un escritor xaponés da fama de Takekazu se digne a traducir os poemas de Cabanillas o seu idioma é moito de agradecer, polo que os cambadeses debemos en contraprestación por  este traballo premiar coa nosa presencia no auditorio da Xuventude maña mércores ao mentado escritor. A destacar a ausencia do Goberno de Feijoo e da Xunta de Galicia na colaboración deste libro, no cal si colaboran o Ministerio de Educación Cultura e Deportes e por suposto, como non debía de ser menos,  o Concello de Cambados.



Ningún comentario: