20 de ago. de 2014

ALARMA NA CONFRARÍA DE CAMBADOS POLOS VERQUIDOS DAS TOUZAS DE SAN ALBERTO, PRETO DE TRAGOVE

O ALCALDE DE CAMBADOS DEBE “POÑERSE AS PILAS” E LOITAR A BRAZO PARTIDO  CONTRA ESTE VERQUIDO COA CONFRARÍA.
“Hai máis arrasado do que pensabamos” , estas son as verbas do actual Patrón Maior da Confraría de Cambados
que está tomando activamente cartas no asunto no famoso xa verquido das Touzas de San Alberto,  preto de Tragove. Os buzos volveron baixar por orde da confraría e observaron que ademais de non prexudicar só os moluscos tamén afecta ao peixe, engadindo o Patrón Maior que é moi elevada a mortandade da fauna da zona.
O Intecmar pediulle a confraría que lle enviaran
urxentemente para a súa análise seres vivos , pero a parecer na zona foron difíciles de atopar.
Os feitos están a ser investigados polo Seprona, a instancias da Confraría de Cambados quen tamén puxo os mesmos coñecemento das autoridades administrativas correspondentes.
No lugar verten depuradoras de moluscos e o Edar (a famosa depuradora construída polo PP), evidentemente
ninguén dubida dos verquidos das depuradoras de moluscos polo tanto o cerco limitase a quen se limita.
A Confraría de Cambados puxo tamén os feitos en coñecemento do Alcalde quen dunha vez por todas ten que
tomas en serio isto dos verquidos, pos non esquezamos que estamos a poñer en perigo a empresa, con moito,  mais grande de Cambados,  que son as mariscadoras e os rañeiros. Ou sexa que Sr. Alcalde, o dito, póñase Vde as as pilas.


Ningún comentario: