24 de ago. de 2014

BÚSCANSE FAMILIAS EN CAMBADOS QUE QUEIRAN SUBSTITUÍR AS LÁPIDAS EN CASTELÁN POR GALEGO

A ASOCIACIÓN DE FUNCIONARIOS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROMOTORA DA ACCIÓN.
Co gallo do dia da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia (mediados de outubro) a Asociación  de
Funcionarios para a normalización Lingüística ven a propoñer que aquelas familias que queiran cambiar a lapida en castelán por galego poidan facelo, nun acto a realizar no propio cemiterio faríase a  restitución da memoria lingüística dalgúns defuntos e a pe de nicho facer
cadansúa rememoranza do defunto, ademais consistiría en colocación dunha placa no cemiterio de todos os que xacen porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu, e logo xa no interior descubrir as novas placas e cadanseu familiar faría unha louva do defunto, que
podería ser completado cun recital poético cun pequeno concerto musical. Tamén a A.F.N.L propón que aquelas placas que non se poidan cambiar por desavinzas familiares non se poidan cambiar podería colocarlle unha pequena adosada con versos en galego, por exemplo.
A campaña EN GALEGO, AGORA E SEMPRE é o lema do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia. Os que queiran contactar coa A.F.N.L. poden facelo por medio do facebook https://www.facebook.com/galeguizargalicia ou en 
GALEGUIZAR GALICIA
E-mail: info@galeguizargalicia.com

Contactos:
Xosé González Martínez - 639359910
Carme Vaquero - 618819868

Apdo. Correos 117
36800 - Redondela (Pontevedra)

Ningún comentario: