24 de ago. de 2014

MAÑÁ ESTARÁN A DISPOSICIÓN DOS QUE O DESEXEN AS TARXETAS PARA O DESFILE DE EVA SOTO.

TERÁ LUGAR O VINDEIRO VENRES 29  DE AGOSTO NO PATIO DE ARMAS DO PAZO DE FEFIÑANS AS 22 HORAS.
O vindeiro día 29 de Agosto a iso das 22 horas terá lugar o desfile suspendido pola choiva da xa famosa deseñadora
cambadesa Eva Soto no que poderemos ver algúns dos vestidos que lle ofreceu a famosa cantante Lady Gaga.
As tarxetas estarán a disposición dos que o desexen  a partir de mañá no
Departamento de Cultura no Concello de Cambados,  e non servirán as tarxetas que se colleron para o desfile suspendido.
Eva nos amosará sobre 25 vestidos que formaron parte a maioría deles da Mercedes Fashion Week.
Rematado o desfile os asistentes poderán gozar dun
concerto da fadista María do Ceo, o desfile de Eva leva por titulo “Diálogo con el arte”.
Na pasada edición houbo xente que se queixou polo tema das tarxetas e houbo duras críticas  dalgunha xente nas redes sociais.





Ningún comentario: